Volver a portada castellano
                                   
| |  

Romanización
imprimirimprimir
Un mar de contactos. O comercio

Os envases de almacenaxe e transporte (ánfora) e as moedas son, xunto coas vaixelas de mesa, os obxectos dos que obtemos máis información sobre o comercio, pois permiten coñecer o seu lugar de fabricación e o seu uso. A gran maioría das ánforas viñan cargadas con viño do sur peninsular; un dos moitos barcos que o transportaban afundiu en Cabo de Mar (Vigo) e deixou a súa carga esnaquizada no fondo da ría. Estes envases podíanse marcar para identificar o taller e tamén para o control da mercadoría. Na vitrina móstranse algúns exemplos de ánforas con marcas dos dous tipos, xunto cunha das tapadeiras utilizadas para pechar os envases. Exponse tamén un exemplar das primeiras ánforas que chegan a Vigo, procedentes de Italia, e un das últimas, procedentes de oriente.

Polas rutas comerciais romanas espállanse tamén as ideas, e así é como chega o cristianismo a occidente nos últimos séculos do Imperio, e con el novos obxectos con motivos alusivos á nova relixión.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75