Volver a portada castellano
                                   
| | |  

Historia do museo
imprimirimprimir
Etapa actual

Peites. Departamento de Arte
Peites. Departamento de Arte

A chegada do equipo actual, que dirixe José Ballesta, caracterízase pola inmersión do museo nun periodo de transformación. A aparición de novos equipamentos museísticos na cidade, como o MARCO, o etnográfico Liste, o Museo do Mar, ou o Espazo de Arte Caixanova;  implican unha redefinición do seu papel e contidos, dentro da cidade de Vigo e, en xeral, na comunidade galega. Un problema real é a hipertrofia das súas coleccións que chegaron a colapsar o espazo dispoñible no  pazo, situación que en moi curta medida conseguiu remediar a ampliación efectuada en 2000. O acordo co MARCO, para o almacenamento da colección de arte, garantiza emporiso a perfecta conservación da colección; e permitiu gañar en espazo para salas.

Destacan no proxecto actual a posta en marcha de diferentes actuacións para a revitalización do museo. Facilítase a visita libre, en horario amplo e sen guía, por primeira  vez na súa historia; pero esta segue sendo gratuíta.  Acométese un intenso programa de conservación  das instalacións – pintura, tratamento anticouza, tellado, iluminación, electricidade; etc...-; e ábrese a sala de exposicións temporais o que supón, ademáis dun atractivo, un lugar de reflexión sobre o ser e a proxección do museo na comunidade viguesa. Ademáis proponse, de  acordo co novo proxecto, unha nova exposición permanente, baseada en conceptos.

Catálogo da exposición:
Catálogo da exposición: "Bouzas-Vigo, cen anos de unión 1904-2004"

A restauración completa do legado Policarpo Sanz,  e a exposición permanente dunha selección, é outro dos fitos do museo na actual etapa, na que o museo aumenta o seu número de visitantes - ata traspasar o seu teito dos 30.000, en 2004. Consigue ademáis consolidarse como unha referencia da comunidade escolar, turista e, lentamente, en menor medida, dos cidadáns vigueses como lugar para a aprendizaxe e o disfrute do seu lecer.

O departamento de Historia da cidade, que xa Vázquez Gil impulsara coa realización de exposicións no museo, convértese en obxecto principal agora, dado o seu escaso desenvolvemento anterior, e a necesidade da cidadanía viguesa de dispoñer dun espazo adicado á memoria histórica de Vigo, á sua identidade, o que encontra seu mellor exemplo no éxito das iniciativas como as exposicións adicadas a Bouzas ou á Reconquista.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75