Volver a portada castellano
                                   
| | |  

Historia do museo
imprimirimprimir
1938-1979: 40 anos de Angel Ilarri

1938 – 1979. 40 anos de Angel Ilarri

Angel Ilarri n.1913 - m.1998 (Foto Arjones)
Angel Ilarri n.1913 - m.1998 (Foto Arjones)

O museo inaugurase finalmente un ano despois, o 22 de xullo de 1937, mostrando a pequena colección xa comentada; xunto cos primeiros lotes de pintura y mobiliario que donou á cidade D. Policarpo Sanz. Tamén fanse xa as primeiras adquisicións e recíbense depósitos de arte galego. Todo elo  reflexase no primeiro catálogo do museo realizado en xuño de 1937.

No mes de outubro de 1938 toma posesión do seu cargo, como administrador do museo, Don Angel Ilarri Gimeno, que será alma do mesmo ata súa xubilación en 1979. Ilarri, que residía no pazo coa súa familia, ocuparase de mellorar paseniñamente as instalacións e engrandecer as súas coleccións, especialmente a de arte galego, e, sobre todo dende mediados dos anos 60, baixo a éxida do alcalde Portanet como grande impulsor de Castrelos. Nesta época ábrense cinco novas salas para artistas galegos, algunhas de carácter monográfico, como as de Laxeiro, Colmeiro e Souto, do que se adquiren un lote de case vinte obras de diversas épocas do artista. Nos anos 70 continúan as adquisicións do museo sempre certeiras deste xeito, por exemplo, en 1977 entra no museo un esplendido lote de obras do artista internacional, vigués de nacemento, José Frau.

A ermita escondida. José Frau.  n.1898 - m.1976. Óleo sobre táboa.
A ermita escondida. José Frau. n.1898 - m.1976. Óleo sobre táboa.

Tamén a colección de arqueoloxía experimenta un notable impulso en todo este tempo, da man de persoas insignes como Pedro Díaz, ou José María Álvarez Blázquez, comisario local de excavacións arqueolóxicas e vocal do padroado do museo. Este pulo ten seu grande momento na inauguración da sala de arqueoloxía en 1959, con motivo da exposición das estelas galaicoromanas achadas seis anos antes na rúa Pontevedra, que serán as súas protagonistas indiscutibles, ata o punto de convertirse anos máis tarde no  logotipo do museo.

O museo fai así o seu percorrido, lento ascenso, en pugna cos limitados presupuestos municipais, ata converterse nun dos máis importantes de Galicia, referencia en España, tanto polo valor das súas coleccións como pola singularidade e beleza do seu emprazamento, magnificamente conservado.

De modo que, cando Angel Ilarri deixa o museo en 1979, deixa á cidade de Vigo, un patrimonio cultural extraordinario; e, sobre todo, unha dinámica de traballo que pervivirá, durante moitos anos, a través do padroado e dos sucesivos directores.

 

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75