Volver a portada castellano
                                   
 

Histórico de exposicións
imprimirimprimir
Artifex. Enxeñería romana en España

Foto expo

Datas

Do 27 de febreiro ao 27 de abril de 2008.

Lugar

Museo municipal de Vigo “Quiñones de León”. Sala de exposicións temporais. Entrada libre e gratuíta.

Horarios

  • Xeral
    • De martes a sábados: 10.00 - 13.30h e de 17.00 – 20.00 h.
    • Domingos e festivos: 10.00 – 13.30 h.
  • Grupos con reserva previa:
    • O Museo ofrece unha visita guiada á exposición, coa realización dun obradoiro didáctico.
    • Datas e horarios:
      • Martes: 10.30-11.30  h. 
      • Xoves:  10.30-11.30  h. 
      • Sábados: 17.30- 18.30 h.
    • Máis información e reserva no teléfono: 986 460812

Tríptico

Tríptico da exposición (PDF)

Descrición básica da exposición

O legado técnico da enxeñería romana a través das súas innovacións e logros en diversos ámbitos é o asunto central da exposición 'Artifex'. Efectúa un percorrido polos diferentes avances técnicos dos romanos na súa enxeñería civil, de manifesto nas calzadas, acuedutos, pontes e explotacións mineiras, entre outras infraestruturas do seu tempo.

Creada polo Ministerio de Cultura e a Fundación Juanelo Turriano, foi inaugurada en 2002 no Museo Arqueolóxico Nacional. A partir do ano 2005 produciuse unha versión itinerante que a levou ao Museo Arqueolóxico de Sevilla, Porto de Tarragona; Museo Hidráulico de Los Molinos de Murcia; Museo de Arqueoloxía de Cataluña, de Barcelona e de Girona; Museo de Arte Romana de Mérida; etc... 

Vigo é a única sede galega prevista para esta mostra.

Comisariado e Producción

  • Comisario: Ignacio González Tascón
  • Producida polo Museo municipal “Quiñones de León” en colaboración co CEHOPU-Ministerio de Fomento.
  • Foto expo

     
    Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75