Volver a portada castellano
                                   
| | | |  
 

imprimirimprimir
Información

Contacto

Museo Municipal de Vigo “Quiñones de León”
Parque de Castrelos s/n. 36213 Vigo
Tels.:   (+34) 986 29 50 70 /  (+34) 986 29 50 75
Fáx:  (+34) 986 23 93 72
Correo electrónico: museocastrelos@vigo.org

Horarios

MUSEO (Exposición permanente)
Martes a venres: 10.00 - 14.00 h
Sábados: 17.00 - 20.00 h
Domingos e festivos: 11.00 - 14.00 h

Condicións xerais de acceso

A entrada ao museo é libre e GRATUITA.

O museo pecha todos os luns do ano, o 25 de decembro e o 1 de xaneiro; ademais das horas e días que determine a celebración de actos oficiais do concello. A efectos de acceso considéranse festivos os días 24, 31 de decembro; e 5 de xaneiro.

O acceso interrómpese 20 minutos antes do peche. O desaloxo das salas comeza 10 minutos antes do peche.

Acceso a grupos

Recoméndase que, para garantir a súa entrada á hora desexada, os grupos de máis de 20 persoas contacten anticipadamente co museo.

Normas de acceso

Por favor siga as instruccións que en todo momento lles comuniquen os nosos vixilantes.

Por razóns de seguridade e conservación das coleccións non está permitido realizar no museo ningunha das seguintes actividades:

  • Comer, beber, fumar; tocar ou sentar; excepto nos sitios autorizados.
  • Fotografar ou filmar, excepto previa solicitude autorizada polo museo.
  • Introducir animais excepto os cans lazarillos das persoas invidentes.
  • Desenvolver conductas inadecuadas que puideran poñer en perigo os elementos expostos ou alteren o libre disfrute doutros usuarios.
  • Portar bolsas, bolsos, mochilas; paraugas; cámaras; e, en xeral, obxectos que polas  súas características poidan afectar á seguridade das coleccións expostas. Facilítase o depósito temporal destes obxectos nas consignas dispostas na recepción do museo.
 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75