Prehistoria
|
imprimir
|
Tumbas monumentales |
Neolítico (4000 a. C.)
O Neolítico é unha etapa complexa e de grandes cambios: iníciase a agricultura, a gandería, a invención da cerámica e a realización dos primeiros enterramentos. O home faise así un lugar no territorio modificando a paisaxe no seu proveito.
As poboacións establécense durante períodos máis longos xunto ás terras que cultivan. Non obstante, terán que seguir mudando de lugar pois as técnicas agrícolas esgotan axiña os solos.
O descubrimento da cerámica (arxila cocida) permite facer recipientes moi resistentes, que poden conter líquidos e pórse ao lume para cociñar alimentos contribuíndo a variar as condicións de vida.
Os enterramentos en túmulos infórmannos da distribución desas primeiras comunidades campesiñas e, os enxovais deixados neles, proporciónannos a maior parte da información que temos desta etapa por ser os asentamentos de materiais perecedoiros.
Nos montes que delimitan o municipio vigués atopáronse preto de corenta túmulos megalíticos.
|