Volver a portada castellano
                                   
| |  

Romanización
imprimirimprimir
A oliveira, Teis

A mediados do século pasado, ao se realizar un desmonte de terra no lugar da Oliveira (Teis, Vigo), apareceron importantes restos romanos, tales como ladrillos gravados (na vitrina de elementos construtivos), tambores de columnas e unha pía olearia (no exterior do museo) xunto con dúas basas e un morteiro (na sala), así como outros materiais frecuentes, como os muíños de man, tégulas ou ánforas.

Pénsase que podería ser unha villa ou factoría pola prensa oleica topada, o único exemplo aparecido en Galicia. Tamén se apuntou a posible relación da obtención de aceite e do cultivo da oliveira en Vigo na antigüidade coa actividade que daría nome ao lugar. Así e todo, deberían de aparecer en Vigo máis restos de pequenas lámpadas de aceite (lucernae), escaseza que, xunto coa das ánforas oleicas, se interpreta como a falta de consumo deste produto.

Os materiais procedentes da Oliveira ás veces confúndense cos atopados en Ríos (Teis) pola proximidade física dos dous xacementos.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75