Volver a portada castellano
                                   
 
 

imprimirimprimir
Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

A Pinacoteca Francisco Fernández del Riego nace como centro expositivo da colección de arte do Concello de Vigo. No antigo Pazo Arias Taboada, sito no centro da cidade, o museo mostrará, mediante exposicións temporais, a gran riqueza e variedade dos seus fondos pictóricos e escultóricos.

Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

Rúa Abeleira Menéndez, 8, 36202 Vigo
Pontevedra, España

T + 34 986 295 070/ +34 986 295 075

HORARIO

  • De martes a vennres: 18.00-21.00h
  • Sábados: 12.00 - 14.00h e 18.00 - 21.00 h
  • Domingos e festivos: 12.00 - 14.00 h

NORMAS DE VISITA

  • A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo
  • Está permitido tomar imaxes na pinacoteca sen flash ou trípode
  • Prégase que os teléfonos móbiles sexan silenciados durante a visita
  • Non está permitida a entrada de animais agás cans-guía de invidentes
  • Non está permitido fumar no interior do edificio
  • Non está permitido o acceso ao edificio con comida ou bebida
  • Non está permitido o acceso ao edificio con bolsos, mochilas ou bultos de dimensións superiores a 40 x 40 cms; paraugas, obxectos curtantes ou punzantes. Segundo dispoñibilidade, a pinacoteca facilitará o seu depósito no mostrador de recepción
  • A visita á pinacoteca está permitida dentro dos horarios establecidos.
  • O acceso á pinacoteca quedará interrompido 20 minutos antes da hora de peche.
  • O acceso ás salas interromperase progresivamente 10 minutos antes da hora de peche

ACCESIBILIDADE
O edificio dispón de ascensores e aseos especialmente adaptados para o uso de personas con discapacidade

MOSTRA INAUGURAL

O fermoso rostro do país. Identidade e universalidade. A pintura galega na colección "Quiñones de León

O obxectivo da mostra é evidenciar, desde a colección de arte galega do Concello de Vigo, o desenvolvemento da imaxe pictórica galega desde a primeira metade do século XIX até finais do século XX, entendendo este fenómeno enmarcado no seu contexto nacional, mais tamén como un anaco da tradición cultural europea producida nun país que posúe unha singularidade histórica marcada, dentro da que se proxectan as grandes correntes artísticas da Europa Occidental, non como inevitábel consecuencia da nosa situación xeográfica senón por unha vontade de procurada conexión coas correntes internacionais e en sintonía cunha parte das mesmas que teñen nos factores sociais e identitarios algunhas das súas características máis singulares.

A mostra inaugural está comisariada polo crítico Carlos L. Bernárdez. 

Descarga poliptico en pdf. 
 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75