Volver a portada castellano
                                   
| | |  
 
Presentación
imprimirimprimir
Definición

Museo Municipal de Vigo
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León"

O museo municipal de Vigo “Quiñones de León” é unha institución, dependente do concello de Vigo, encadrada, actualmente, na área de Cultura.

Ten asignados determinados bens culturais que constitúen as coleccións municipais de arte e historia da cidade; e a súa sede permanente é o pazo “Quiñones de León”, no parque de Castrelos, propiedade do pobo de Vigo dende a súa doazón polo Marqués de Alcedo consumada a 11 de marzo de 1925.

O museo regúlase conforme á lexislación estatal vixente; particularmente, de acordo coa Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia; e co seu propio regulamento aprobado polo Pleno da Corporación Municipal o 28 de febreiro de 1981 coas modificacións nos artigos 4 (parágrafo 2º) e 21 aprobados polo Pleno da Corporación Municipal, o 29 de setembro de 1981.

Ademáis da súa declaración como monumento histórico-artístico, o museo, as súas coleccións, xardíns e o parque de Castrelos, están declarados Ben de Interese Cultural (Decreto de 25 de febreiro de 1955; Decreto 474/1962, de 1 de marzo; Resolucións de 10 e 19 de abril de 1991; da Dirección do Patrimonio Histórico e documental).

 

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75