O Museo Municipal de Vigo Quiñones de León nace coa doazón do pazo ao pobo de Vigo en 1924 porque os seus propietarios dispuxeron que se debía adicar a museo. Aínda que a doazón non será definitiva ata dez anos máis tarde, a partir dese momento iníciase unha tarefa de provisión de obras e coleccións de arte que está na base das coleccións actuais. A aspiración do museo foi e é a contextualización deste legado patrimonial no desenvolvemento da propia cidade, o que permitirá que o Museo Municipal Quiñones de León comece a funcionar como museo da cidade a todos os efeitos. Arte | 
| A sección de Artes está formada por máis de 1.500 obras que conforman coleccións de pintura, escultura, debuxo e estampas, e artes aplicadas. | Arqueoloxía | 
| O museo conta entre os seus fondos con materiais procedentes dun gran número de xacementos de todas as épocas tanto de Vigo como galegos peninsulares. | Historia | 
| Fondos de extraordinario interese para coñecer a historia da cidade de Vigo dende o século XV ata a actualidade. |
|