Volver a portada castellano
                                   
 
 

imprimirimprimir
Servizos

Na medida das súas posibilidades económicas e recursos humanos, o museo municipal desenvolve os servizos que lle son indispensables para garantir o seu pleno funcionamento. Na presente páxina inclúense os traballos desenvolvidos en cada unha das áreas nos últimos anos.

 Conservación

Un dos obxectivos prioritarios do museo é a axeitada conservación do pazo e as súas coleccións. A restauración das bandeiras da Reconquista, a recuperación completa da colección de pintura do Legado Policarps Sanz, ou o tratamento antixilófagos do edificio son algúns dos fitos dos últimos anos.

 Adquisición

Na actualidade o museo recolle gran parte dos achados arqueolóxicos do seu ámbito territorial. Ademais as colección de arte e historia crecen paulatinamente grazas ás doazóns ou á recuperación de bens municipais actualmente en desuso.

 Investigación

As actuacións do museo nos últimos anos xeraron traballos de investigación que achegaron nova información sobre os seus obxectos de estudo.

 Difusión-Comunicación

O museo municipal fornece de obras de arte a numerosas exposicións tanto na nosa comunidade como no resto do territorio español. Por outra banda as nosas publicacións intercámbianse con preto de 400 museos de todo o mundo.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75