O Museo Municipal de Vigo nace coa doazón á cidade, en 1925, do Pazo de Castrelos propiedade de D. Fernando Quiñones de León, Marqués de Alcedo, quen dispuxo ó facelo que se adicase a museo. O edificio, xunto cos seus xardíns, constitúe un elemento museístico de primeira orde xa que mantén en boa medida a súa estrutura e disposición orixinais. É por isto que o Museo Quiñones de León se propón colmar unha lagoa na oferta galega existente, como é a oferta dun espazo interpretativo en torno a este tema cunha linguaxe que combine a exhibición de obras orixinais coa narración dos contextos culturais de cada momento. O pazo galego |  | Cada pazo ten a súa propia biografía pero, sen dúbida, unha liña histórica enlaza as súas traxectorias. Coñece a súa historia, a economía pacega (explotacións agropecuarias e aproveitamento forestal), as diferencias tipolóxicas da súa arquitectura e os seus xardíns. | O pazo Quiñones de León |  | Descubre a historia e xenealoxía do Pazo Quiñones de León, as particularidades que caracterizan ao edificio e aos seus xardíns; as coleccións histórico-artísticas que alberga e, a paisaxe vexetal do seu contorno. |
|