Ao falar do pazo galego estámonos referindo a moito máis cá un modelo arquitectónico, aludimos a toda unha identidade cultural.
A cultura pacega definirá un modo de vida señorial caracterizado polo seu vínculo co mundo rural ao que, coa súa superioridade no contexto social, inevitablemente domina.
Historia |
|
O pazo é un fundamento da estrutura da Galicia rural do Antigo Réxime e por isto explica boa parte da súa historia durante a Idade Moderna e ata Contemporánea. |
Arquitectura |
|
A arquitectura dos pazos é un dos tesouros da nosa historia da arte e o símbolo dunha sociedade vencellada ao territorio que ocupa. |
Interiores |
|
O interior dos pazos mostran a dimensión da vida pacega como alentadora da cultura, a arte, a historia propia, a vida social, o lecer e a relixiosidade. |
A paisaxe vexetal |
|
A propiedade pacega ocupa un espazo vexetal heteroxéneo no que se achan representados tanto elementos ornamentais como produtores. Esta contorna vexetal forma xunto á vivenda e demáis elementos construtivos, un conxunto indisociable. |
|