No interior da vivenda pacega cada andar ten unha función diferente. A parte baixa, con reducidos vans abertos ó exterior, é o lugar adicado ás despensas, adegas, lagares ou cortes. Cando se sitúa nela a entrada principal, unha coidada escalera conduce á planta nobre.
O andar primeiro (principal, nobre) é o adicado a vivenda. Nel sitúase a cociña, o salón, as habitacións, o arquivo e a biblioteca. Sobre esta planta só se constrúe outro nivel adicado a gardar as colleitas.
A madeira está presente nos interiores non só en pisos e teitos, senón tamén nas paredes, que se enriquecen con dourados e policromías. Hoxe quedan poucos murais adornando as paredes dos pazos, pero deberon ser habituais.
A organización do espazo e o acceso ás dependencias pode facerse no interior, a través de corredores ou distribuidores, ou no exterior, dende os patios, solainas ou corredores aos que se abren os diferentes cuartos. Temos poucas noticias sobre o antigo mobiliario e enxoval doméstico utilizado nos pazos. O abandono ou pola contra o seu uso continuado, provocou a perda de gran parte do mesmo.
|