O Pazo Quiñones de León é en si mesmo un documento histórico e unha obra de arte como edificio, e cómpre explicar os porqués.
Está presente en boa parte da historia da cidade olívica durante a Idade Moderna e mesmo Contemporánea, o que o levou a ser considerado polos vigueses coma un dos seus principais sinais de identidade.
Historia |
 |
Coñece a biografía do pazo, dende as orixes do morgado que o fundou, ata a súa doazón á cidade por parte do Marqués de Alcedo en 1925. |
Arquitectura |
 |
Descubre os seus antecedentes medievais, a súa reconstrución en 1670, e as obras de reforma emprendidas a finais do século XIX e principios do XX. |
Interiores |
 |
Pasa ao interior do edificio para coñecer o ambiente señorial da antiga residencia dos marqueses, e o rico repertorio de obxectos, dos séculos XIX e XX, que amoblan os seus interiores. |
Xardíns |
 |
Percorre os xardíns que fermosean o edificio formando con el un conxunto indisociable. Descubre as trazas do seu deseño paisaxístico, e as variedades de plantas que nel se cultivan.. |
|