O pazo Quiñones de León
|
imprimir
|
Interiores |
Distribución
| Interiores do pazo: biblioteca histórica | O interior responde ó prototipo de palacio urbano, conferíndolle a cada andar unha funcionalidade diferente. A planta baixa está destinada ás habitacións de servizo, cociña e almacéns. Na planta nobre sitúanse salóns e cuartos. A escaleira que os comunica está situada na ampliación realizada a finais do XIX e foi executada no século XX. Non obstante, o interior do edificio foi obxecto de importantes remodelacións, que nos impiden recoñecer como era exactamente a súa distribución inicial.
Mobiliario
O mobiliario e o enxoval orixinarios do pazo non chegaron ata nós pois os bens mobles da casa non formaban parte da doazón á cidade de Vigo. Numerosas fontes documentais falan da súa riqueza. O amoblamento actual é froito de sucesivas doazóns e compras do Concello de Vigo. Está formado por un rico repertorio de mobles (de asento e de gardar, mesas, espellos, biombos e outros mobles auxiliares), alfombras (de oriente medio e españolas) e lámpadas de cristal.
| Capela do pazo | O retablo A austera capela do pazo está presidida por un retablo de mediados do século XVI cuxa procedencia é, polo de agora, unha incógnita. O retablo é de factura plateresca e responde a presentacións moi difundidas en Castela. Por adaptalo ao testeiro da capela, non conserva máis que dous corpos divididos en tres panos, nos que se acollen catro pinturas sobre táboa do obradoiro do mestre zamorano Lorenzo de Ávila.
|