A visita ó Museo Quiñones de León proponse, como obxectivo esencial, avivar a conciencia cidadá verbo da importancia do patrimonio na sociedade actual e no noso futuro. Para isto dotouse á colección dun discurso museístico que resulte, antes que nada, didáctico, e que satisfaga tamén as expectativas dos expertos que poidan achegarse a Vigo para consultar unha obra ou un autor en particular. Pazo e Pinacoteca antiga | | O pazo “Quiñones de León” é en si mesmo unha obra de arte como edificio pero á vez é un contedor de arte. Un ambiente moi fermoso conseguido con mobiliario, alfombras, obxectos decorativos de época. | Sala de arqueoloxía | | Nesta sala expóñense obxectos procedentes do municipio de Vigo e a súa comarca distribuídos en tres sectores: Prehistoria, cultura castrexa e romanización. |
|