Volver a portada castellano
                                   
| |  

Itinerarios
imprimirimprimir
Pazo e pinacoteca antiga

Plano da andar baixo do pazo

Cómpre comezar a visita ó pazo polos seus exteriores, coa contemplación do xardín delanteiro, a súa pequena fonte afundida no terreo, e a  impoñente fachada do pazo, que é inesquecible pola súa factura depurada e simétrica.

Non era así a finais do século XVII, cando foi reconstruído o pazo polos Tavares; pois o seu aspecto militar –ameas, garitas, pontes levadizas, etc....- é só decorativo e responde á fantasía romántica do Marqués de Alcedo con toda probabilidade.

Traspasada a recepción do museo, onde se situaba inicialmente a capela do pazo, no corredor observamos o documento fundacional do museo municipal, asinado o 22 de xullo de 1937, e o retrato do doante do pazo, o Marqués de Alcedo, na súa xuventude.
 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75