Pazo e pinacoteca antiga
|
imprimir
|
Salón noble |
 | Salón nobre | No andar superior da casa está o SALÓN NOBRE, lugar para grandes cerimonias, banquetes, festas ou bailes dos marqueses. A estancia, con vistas ao xardín de entrada, conserva o único elemento que permaneceu na casa trala marcha da última residente, Dona Mariana de White, viúva do marqués. Referímonos a unha fabulosa lámpada de cristal da celebérrima fábrica de Murano en Venecia. Nas paredes do salón a galería de retratos históricos presenta ós principais persoeiros da vida local durante o século XIX, moitos deles imprescindibles para coñecer o extraordinario desenvolvemento que experimentou a cidade de Vigo no século seguinte: José Elduayen, José García Barbón, Policarpo Sanz e Irene de Ceballos, etc.
|