Volver a portada castellano
                                   
| |  

Pazo e pinacoteca antiga
imprimirimprimir
Despacho do Marqués

É a primeira estancia do pazo que vemos. Existente xa na primitiva construción do século XVII, como base dunha das torres, nela recréase, con mobiliario do XIX e  principios do  XX, un despacho.

Despacho do Marqués
Despacho do Marqués

Temos que destacar o conxunto de mobles (mesa, libraría e aparador) do ebanista compostelán Liste, discípulo do coñecido escultor galego Asorey. Resultan de interese os relevos do aparador de tema mitolóxico sobre debuxos de Flaxman.

Cómpre sinalar tamén a presenza dunha pequena cheminea, de campá metálica e sinxelo deseño modernista, primeira dunha longa serie delas que aparecerán ao longo de toda a casa como medio para quencela, nun espazo tan frío e húmido como a finca de Castrelos, completamente arborada e atravesada por un río, o Lagares.

Como gabinete privado do despacho, e masculino na época que se pretende representar, colgáronse nel unha selección de nus, en mitoloxía ou pintura histórica, entre os que destacan as Mortes de Lucrecia e de Cleopatra, de De Troy, verdadeiras obras mestras no seu xénero e na súa época; ou a obra Níobe de Fragonard .
 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75