Volver a portada castellano
                                   
| |  

Pazo e pinacoteca antiga
imprimirimprimir
Hall principal

A entrada principal do pazo facíase polo gran salón de recepcións. A porta, unha peza brillante na súa categoría, especialmente pola ferraxe –coa cabeza de león alusivo ao apelido familiar-, soamente abre co gallo dos actos oficiais e vodas civís que o Concello de Vigo ten por costume celebrar aquí.

Gran salón de recepción
Gran salón de recepción

Este espazo recibidor érguese sobre o corpo principal do século XVII que, como o resto da casa, foi reformado polos últimos marqueses para darlle maior ton aristocrático ao que ata a súa chegada non pasaba probablemente de ser un gran pazo rural. Preside este salón unha potente cheminea, a máis grande da vivenda, que pola súa austeridade e pola súa estrutura pétrea, reforza o carácter solemne da sala, potenciado polos tres arcos de medio punto que comunican o espazo orixinal coas ampliacións do século  XIX.

Polo carácter civil das cerimonias que aquí se levan a cabo preferiuse dispoñer nas paredes da estancia, asuntos laicos, máis insustanciais, aínda que non de menor calidade, como as naturezas mortas ou floreiros. A pintura holandesa ten aquí os excepcionais exemplos de Heda; Van Pol; ou Hondecoeter.

Temos que destacar a grande alfombra feita a medida para este espazo, nos anos 60 do pasado século, pola Real Fábrica de Alfombras e Tapices madrileña.
 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75