Volver a portada castellano
                                   
| |  

Pazo e pinacoteca antiga
imprimirimprimir
Escaleira

Proba da importancia deste elemento no palacio dos “Quiñones de León”, é que ocupa a maior parte da planta baixa do pazo e ten un impoñente desenvolvemento na superior. Esta peza sobresaínte converte ao pazo de Castrelos nun edificio único, entre os da súa especie, ao dotalo dun aire aristocrático inglés, moi afastado das escaleiras doutros pazos, de pedra normalmente exterior.

Escaleira
Escaleira

A súa excepcionalidade vén marcada porque parte dun modelo directamente importado de Inglaterra. Recordemos que alí traballaba o marqués de Mos e que  naquel país coñeceu á que sería  a súa esposa, Dona Mariana De White.

O aspecto british vén determinado fundamentalmente pola súa estructura, de tiro central, que se desdobra no primeiro relanzo, a dereita e esquerda, para  recollerse de novo no saínte do primeiro andar. Resulta así unha escaleira sólida, moi elegante, toda ela en carballo americano.

Os cadros que se presentan nesta zona de escaleira baixa configuran unha secuencia completa da evolución da paisaxe na Europa do século XVIII e XIX, a través de magníficas vistas onde destacan Verwee, Blomen, Bruandet, ou Beerstraten.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75