Pazo e pinacoteca antiga
|
imprimir
|
Biblioteca histórica |
Se ben o salón dourado está feito ao gusto dezaoitesco, a biblioteca histórica está adicada principalmente ao século XIX que é cando a cidade de Vigo recibe o seu título como tal, ademáis de leal e valerosa, concedido polo rei Fernando VII.
| Biblioteca histórica | O acontecemento que deu lugar a tal circunstancia foi a heroicidade demostrada polos vigueses na loita pola liberación das tropas de Napoleón en 1809. Son os feitos coñecidos, e conmemorados anualmente polos vigueses, como a Reconquista. As dúas bandeiras desta época, despois dunha vida trafegada, expóñense hoxe perfectamente restauradas na sala xunto co sabre atribuído ao mariscal Soult, lugartenente de Napoleón en España.
A exposición complétase cunha colección de vasos orientais, de metal e porcelana; unha colección de azulexos persas; morteiros de bronce; etc... Respecto da pintura que aquí se expón, é toda de temática relixiosa, algunha de excepcional factura como a Santa Cecilia de Dolci; ou a Virxe con anxos, que se atribúe a Rubens; ou a Virxe con neno de Annibale Carraci.
|