Pazo e pinacoteca antiga
|
imprimir
|
Comedor de Sargadelos |
Con probabilidade esta estancia era usada polos marqueses como comedor de diario; entre outras cousas porque comunica directa e secretamente coa ala onde se ubicaba a cociña.
| Comedor de Sargadelos | Nas vitrinas desta sala expóñense pezas variadas da coñecida cerámica galega de Sargadelos, pertencentes na súa maioría, á terceira época (1845-1862), cos seus característicos tons azuis. Fundamentalmente, trátase de pezas de mesa aínda que hai algúns curiosos exemplos de cerámica con usos distintos a estes. Na mesa, dous floreiros de Sèvres e unha fonte de Limoges. O retrato, nas diferentes escolas europeas, durante a idade moderna, ten aquí espléndidos exemplos como a parella de Archiduques de Frans Pourbus.
|