CATÁLOGOS EN-LIÑA
|
imprimir
|
Legado Policarpo Sanz. |
 | Retrato de Policarpo Sanz. F.E. Bertier. Óleo sobre lenzo. 1888 | Esta colección de pintura europea dos séculos XVII, XVIII e XIX, doada por Policarpo Sanz á cidade de Vigo, é excepcional en España tanto pola cantidade, máis de cen obras, como pola calidade dos pintores representados nelas: Fragonard, Carracci, Pourbus, e atribucións a Goya e Rubens, entre outros.
Unha selección do legado pode verse de forma permanente na planta baixa do pazo tras ser restaurada entre os anos 2000 e 2001 polo concello de Vigo en colaboración coa entidade Caixanova.
|