Volver a portada castellano
                                   
| | | |  

Coleccións
imprimirimprimir
Arte

Orixe

O Museo Municipal de Vigo Quiñones de León nace coa doazón do pazo ao pobo de Vigo en 1924 porque os seus propietarios dispuxeron que debía adicarse a museo. Aínda que a doazón non será definitiva ata dez anos máis tarde, a partir dese momento iníciase unha tarefa de provisión de obras e coleccións de arte que está na base das coleccións actuais.

Xa nos anos '20 se debatía na cidade a idea de crear un museo de arte rexional polo que a doazón do pazo vai proporcionar o marco axeitado que dea resposta a esta inquietude.

Primeiros padroados, primeiras adquisicións

Plantas interiores. Armando Lopez Guerra. 1993. Óleo sobre lenzo.
Plantas interiores. Armando Lopez Guerra. 1993. Óleo sobre lenzo.

Na década dos '30 dáse o primeiro paso de carácter institucional ao constituírse o primeiro padroado do museo. En 1935 incorporaranse ás coleccións do museo obras en depósito procedentes do Museo do Prado e do desaparecido Museo de Arte Moderno, grazas á intervención do subdirector, o mesmo Javier Sánchez Cantón. Por eses anos recibirá o importantísimo legado de José Policarpo Sanz, polo que se incorporan ao museo máis de cen obras de pintura e escultura da mellor arte europea.

A estas primeiras coleccións vanse incorporando paseniñamente novas obras, produto de doazóns ou de compra directa. Especialmente destacable pola súa exhaustividade e integridade é a colección de arte galega froito basicamente das adquisicións que se viñeron realizando nas últimas décadas da vida do museo.

Contido temático e ámbito xeográfico

A sección de Belas Artes está formada por máis de 1.500 obras de arte. Unhas 1.000 conforman as coleccións de pintura e escultura, debuxo e estampas, e as 500 restantes a de artes aplicadas (mobiliario e alfombras, cerámica, vidro e cristal e metais).

A colección de pintura subdivídese á vez en tres subcoleccións. A de pintura antiga, con obras dos séculos XVII ao XIX fundamentalmente procedentes do legado de Policarpo Sanz e dos depósitos do Museo do Prado. A de arte galega, con pintura e escultura dos séculos XIX e XX, e a de artes aplicadas.

Esencialmente trátase de coleccións de arte galega, con algunhas obras puntuais de arte española e europea.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75