Volver a portada castellano
                                   
| | | |  

Arte
imprimirimprimir
Escultura

Cabeza de Manolo. Acisclo Manzano. n.1948. Madeira
Cabeza de Manolo. Acisclo Manzano. n.1948. Madeira

A colección de escultura reúne excelentes pezas que amosan o diálogo que presidiu tradicionalmente a relación das obras co seu contexto e co seu significado estético, social, comunicativo e funcional.

Xunto a destacables exemplos da escultura do século XVI, constitúen este legado escultórico numerosas pezas de arte barroca, momento no que a arte da madeira chega á súa máis alta perfección

Esta sección foi enriquecida nas últimas décadas e, aínda que con algunhas ausencias notables, dá no seu conxunto unha idea bastante acertada da evolución escultórica galega na segunda metade do século XX. Non en balde o seu contido abrangue os principais movementos e as máis importantes linguaxes creativas xurdidas na arte deses anos.

Escultores da talla de Camilo Nogueira, Brocos, Acisclo Manzano, Coia, Borrajo, Elena Colmeiro, Silverio Rivas, Correa Corredoira, Basallo ou Leiro, están representados nos fondos do Museo, entre moitos outros.
 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75