 | "O Santo Cristo da Victoria". Manuel Castro Gil. s.XX. | Dentro da obra gráfica que se conserva no Museo, sobresaen os gravados galegos dos séculos XIX e XX.
A estes engádense un destacado conxunto de gravados españois dende o S. XVII, nos que se inclúen cartas mariñas.
As escolas europeas están tamén representadas con gravados holandeses do século XVIII, e ingleses e franceses do século XX. Entre os autores destas obras cabe citar a Castro Gil, Guisasola, Pradilla, Cuevas, Araujo, e aos galegos Prieto Nespereira, Brocos ou Cristino Mallo.
|