| Retrato do Marqués de Alcedo. Félix Granda. S.XIX. | Na busca dun edificio e dunha colección Aínda que a idea dun museo para a cidade de Vigo aparecía xa en 1888, no testamento do magnate filovigués, D. Policarpo Sanz – que o concebía parte do colexio que se construiría coas súas doazóns, futuro Santa Irene-; é, no século seguinte, 1909, cando a idea adquire maior pulo grazas á viguesa Asociación Xeral de Cultura. No seo desta asociación, que durou só tres anos, D. Cecilio López da Veiga, vicesecretario; e o vocal, D. Avelino Rodríguez Elías presentan cadansúas iniciativas do museo: etnográfico e arqueolóxico, respectivamente. Ningunha delas callou entón pese a que os achados da illa de Toralla 1913, reverdeceron a idea de crear o museo de arqueoloxía.
|