| Peites. Departamento de Arte | A chegada do equipo actual, que dirixe José Ballesta, caracterízase pola inmersión do museo nun periodo de transformación. A aparición de novos equipamentos museísticos na cidade implicarán unha redefinición do seu papel e contidos, dentro da cidade de Vigo e, en xeral, na comunidade galega. Un problema real fora a hipertrofia das súas coleccións que chegaron a colapsar o espazo dispoñible no pazo, situación que arranxouse coa creación en 2011 da Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego" para a colección de arte galega no centro da cidade; e co acordo de colaboración co Museo MARCO que cedeu xenerosamente os seus almacéns para a perfecta conservación da colección. Destacan no proxecto actual a posta en marcha de diferentes actuacións para a revitalización do museo. Facilítase a visita libre, en horario amplo e sen guía, por primeira vez na súa historia; pero esta segue sendo gratuíta. Acométese un intenso programa de conservación das instalacións – pintura, tratamento anticouza, tellado, iluminación, electricidade; etc...-; e ábrese a sala de exposicións temporais o que supón, ademáis dun atractivo, un lugar de reflexión sobre o ser e a proxección do museo na comunidade viguesa. Ademáis proponse, de acordo co novo proxecto, unha nova exposición permanente, baseada en conceptos. | Catálogo da exposición: "Bouzas-Vigo, cen anos de unión 1904-2004" | A restauración completa do legado Policarpo Sanz, e a exposición permanente dunha selección, é outro dos fitos do museo na actual etapa, na que o museo aumenta o seu número de visitantes - ata traspasar o seu teito dos 30.000, en 2004. Consigue ademáis consolidarse como unha referencia da comunidade escolar, turista e, lentamente, en menor medida, dos cidadáns vigueses como lugar para a aprendizaxe e o disfrute do seu lecer. O departamento de Historia da cidade, que xa Vázquez Gil impulsara coa realización de exposicións no museo, convértese en obxecto principal agora, dado o seu escaso desenvolvemento anterior, e a necesidade da cidadanía viguesa de dispoñer dun espazo adicado á memoria histórica de Vigo, á sua identidade, o que encontra seu mellor exemplo no éxito das iniciativas como as exposicións adicadas a Bouzas ou á Reconquista.
|