Volver a portada castellano
                                   
| | |  

Historia do museo
imprimirimprimir
1981 - 2000

O regulamento de 1981. Os gobernos democráticos. Padroado e sucesión de directores

Coa xubilación de Angel Ilarri, e a aprobación do regulamento en 1981, comeza unha nova etapa para o museo que chega ata a actualidade. Pasan pola dirección D. Bernardo Vázquez Gil, actual cronista oficial da cidade; D. José Francisco Armesto Faginas; D. José Manuel Hidalgo Cuñarro; e actualmente D. José Ballesta de Diego.

Portada da revista nº 0
Portada da revista nº 0 "Castrelos". 1987

Con cada corporación os padroados renóvanse, e entre os seus membros destacarán artistas e especialistas como o académico Francisco Pablos ou os pintores Antonio Quesada, Antón Abreu, Xavier Pousa; o escultor Pedro Dobao. Grazas ao seu tesón a colección de arte galego continúa aumentando e abríndose cara a outros periodos e artistas ata o punto de ser tan abundante que deben xestionarse os depósitos en terceiras institucións como a Universidade de Vigo ou a Fundación Provigo. Tamén se xesta o proxecto MARCO como posibilidade de ampliar Castrelos.

A especialidade dos directores marca os principais intereses en cada momento. Vázquez Gil, aposta polo desenvolvemento do departamento de Historia Local, fundamentalmente; Hidalgo Cuñarro, arqueólogo municipal, converte ao museo durante os años 80 nunha referencia para o mundo da arqueoloxía cuxos fitos poideran ser a ampliación da sala, cunha nova planta; ou, nos '90, a realización de congresos como o Nacional de Arqueoloxía de 1993; ou o Internacional de Arte Rupestre Europeo en 1999. Tamén se realizan importantes publicacións entre as que destaca a revista Castrelos (12 números) ou os catálogos de pintura.

Tamén nesta época se emprende a segunda gran reforma do pazo-museo, dirixida polo arquitecto Luis Felipe Comesaña, que supón, entre outras cousas,  a habilitación das torres como salas de exposicións e o aproveitamento de espazos antes inútiles.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75