Volver a portada castellano
                                   
| | |  
 
Presentación
imprimirimprimir
Obxectivos

O obxectivo principal do museo, dacordo co seu actual proxecto, é a promoción da posta en valor das coleccións municipais e do pazo “Quiñones de León”; así como, en xeral, do patrimonio cultural actualmente espallado polo concello de Vigo; asumindo as tarefas de investigación, protección e difusión do patrimonio cultural municipal, cunha clara vocación de comunicación e desenvolvemento social, buscando a máxima eficacia e calidade no logro das actuacións.

Deste obxectivo xeral deben emanar os fines principais do museo:

  • A conservación, catalogación, restauración e exhibición ordenada das súas coleccións.
  • A investigación no ámbito das súas coleccións, da súa especialidade o do seu contorno cultural.
  • A organización periódica de exposicións científicas e divulgativas de carácter temporal; así como outras actividades de calidade ó redor dos eixos temáticos do museo
  • A elaboración e edición de publicacións, catálogos e monografías dos seus fondos.
  • O desenvolvemento dunha actividade didáctica respecto dos seus contidos, fomentando a participación activa dos cidadáns e cidadás no desenvolvemento do museo.
  • A cooperación permanente coas asociacións e institucións de carácter social, cultural, artístico, ou científico na consecución dos seus fins, especialmente coas de carácter local e sen ánimo de lucro, e moi especialmente coas Universidades.
  • A ampliación do patrimonio cultural do concello de Vigo mediante doazóns, depósitos, compras, etc..., de bens culturais asociados ás súas coleccións e que mellor contribúan ao coñecemento das mesmas.
O museo busca xogar, en definitiva, un papel preponderante na comunidade viguesa e galega contribuíndo á súa dinamización cultural mediante a realización de actividades de índole social, cultural e educativo.
 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75