19/03/2012 A Corporación municipal de Vigo ven de designar, por unanimidade, Medalla da Cidade 2012, ao Museo "Quiñones de León" co gallo do seu 75 cabodano. É ista a máxima distinción outorgada polo Concello de Vigo, un recoñecemento unánime a setenta e cinco anos de servizo ininterrumpido aos/ás vigueses e viguesas. O Pleno extraordinario que avalará esta decisión terá lugar o luns, 19 de marzo, as 9 hs. no Salón de Plenos. Lean a nova aquí: http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2012/03/16/concello-otorga-medalla-oro-ciudad-museo-quinones-leon/632842.html 29/11/2011 Exposición temporal "Vigo, século XIX. O nacemento dunha cidade". Até o 26 de febreiro de 2012 Esta mostra supón o primeiro paso cara a transformación do Pazo de Castrelos en sede dunha exposición permanente sobre a historia de Vigo, e a súa bisbarra, desde a prehistoria ata a actualidade. O Son das Ondas.O Vigo medieval e a lírica trobadoresca ". Até o 2 de xaneiro de 2012 "O Son das Ondas. O Vigo medieval e a lírica trobadoresca" confórmase como un fermoso percorrido polo Vigo medieval, a cultura do Reino de Galicia dos séculos XII e XIII, as cantigas, os trobadores e xograres. En sete salas da segunda planta do Pazo de Castrelos O Son das Ondas desprega un excelente itinerario visual no que destaca un facsímil do Códice Calixtino e numerosos instrumentos musicais do medioevo. Para Monteagudo "a exposición xurde ao redor da figura de Martín Códax, un dos xograres máis coñecidos e valorados da literatura medieval europea para, a continuación, amosar a importancia que tivo Vigo no xurdimento da lírica trobadoresca y e a influenza que exerció no conxunto de Galicia" A terra e as xentes Na primeira das salas que compoñen a exposición sitúase o contexto histórico do Reino de Galicia durante a Idade Media, así como os espazos lingüísticos compartidos con Portugal. Amar amigo A sala dous mostra cómo a lírica trobadoresca galego-portuguesa se consitúe como a expresión artística máis notable da comunidade lingüística de entón, como pon de manifesto as cortes e as obras poéticas dos reis Afonso X O Sabio e Don Denís de Portugal. Bailando no sagrado: xograres e santuarios Nesta parte da exposición aparecen as cantigas. Cantigas de amor, imitación dos modelos occitanos ou as cantigas de amigo, entre as que salientan as cantigas de santuario, fenómeno típicamente galego, con especial arraigo na Galicia suroccidental Martín Códax: Ondas do mar de Vigo Chegados ás cantigas "O Son das Ondas" outorga unha sala ao gran xograr de amigo Martín Códax pero tamén ten espazo para Meendiño, cantor da ermida de San Simón. Trátase de dous dos artistas de maior talento poético da lírica medieval europea e ámbolos dous vencellados a Vigo e a súa ría. Trobar: Letras e son A testemuña das cantigas atopámola na quinta sala da mostra. Da lírica trobadoresca galego-portuguesa chegaron a nós perto de 1.700 cantigas, correspondentes a máis de 150 autores. As sete cantigas de Martín Códax achegaron, excepcionalmente, nun manuscrito independente -o Pergamiño Vindel- a súa música. Cabaleiros e trovadores A sexta das salas que conforman "O Son das Ondas" detense no peso que as familias nobiliarias de Galicia e do norte de Portugal tiveron na puxante vitalidade cultural da sociedade galega da Idade Media. Vivir en Vigo na Idade Media Finalmente, a derradeira das salas pecha a mostra cun resumo histórico e xeográfico do Vigo dos séculos XII ata o XV, cando a nosa cidade é recoñecida como vila. O Concello de Vigo e máis a Editorial Galaxia están a realizar un último esforzo de divulgación desta interesante mostra. Os escolares vigueses están a ser convidados a visitar "O Son das Ondas" agora que restan só unhas semanas para o seu remate. Para a Concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas "O Son das Ondas" é unha excelente ocasión para mergullarnos nun dos capítulos de maior vitalidade cultural da historia de Vigo, e unha boa ocasión para visitar un dos mellores museos de Galicia" 18/05/2011 DIA DOS MUSEOS 2011 - “TÉ, AO SOLPOR, NO XARDÍN DE CASTRELOS” Mércores, 18 de maio, 20.30 horas. Co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos, o Museo da Cidade convida a todos e todas os/as que o desexen a gozar dun té, ao solpor, no xardín inglés do pazo de Castrelos. O té, frío ou quente, servirase, con puntualidade, ás 20.30 horas; e acto será amenizado polo trío de corda “Cordas Novas”. Dado que non haberá cadeiras, resulta conveniente traer unha manta para sentar na pradaría.
A entrada é libre e gratuíta. “O MUSEO DA MEMORIA” Mércores, 18 de maio, 17.00 e 18.30 horas Previa a esta actividade o Museo ofrece aos seus visitantes dúas visitas excepcionais ao Pazo que afondarán no seu significado como contedor da memoria da cidade de Vigo. Estas visitas desenvolveranse ás 17.00 e ás 18.30 horas.
Igualmente a entrada é libre, gratuíta, e sen reserva, ata completar aforo. 29/04/2011 EXPOSICIÓN "I CERTAME DE PINTURA ANTONIO QUESADA". Entre o venres 29 de abril e o domingo 1 de maio terá lugar na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura (Praza da Constitución) a exposición dos/das artistas seleccionados/as no I Certame de Pintura "Antonio Quesada".Trátase de 21 obras pictóricas, en técnicas e soportes diversos, de autores/as galegos/as ou residentes en Galicia, de idades comprendidas entre os 16 e 35 anos, tal e como establecen as bases do concurso. A exposición abrirá as súas portas hoxe ás 18.00 horas e poderase visitar a exposición nos seguintes días e horarios: - Venres 29 de abril: 18.00 hs - 21.30 hs
- Sábado 30 de abril: 12.30 - 14.00 / 17.00 - 21.30 hs
- Domingo 1 de maio: 12.30 - 14.00/ 17.00 - 20.00 hs
A lectura do dictame do xurado levarase a cabo o sábado, ás 12.30 horas, no salón noble da nova Pinacoteca (rúa Abeleira Menéndez, 8). Existen un 1º Premio, dotado con 4.000 euros, e un segundo, dotado con 2.000 euros, así como a posibilidade por parte do xurado de conceder accésits por un valor máximo de 2.000 euros. As obras premiadas pasarán a formar parte da colección de arte do Concello de Vigo.
27/04/2011 COMPOSICIÓN DO XURADO: 1º certame de pintura "Antonio Quesada" para xoves creadores e creadoras da Comunidade Galega. Composición do xurado Publicadas as bases e convocatoria específica do 1º certame de pintura "Antonio Quesada" para xoves creadores da Comunidade Galega, que terá lugar entre os días 29 de abril e 1 de maio de 2011, na praza da Princesa de Vigo, e/ou no seu contorno. Certame organizado polo Museo da Cidade "Quiñones de León" e a Concellería de Patrimonio Histórico do Excelentísimo Concello de Vigo. Pode consultalas no apartado de convocatorias da páxina web do Concello de Vigo. 15/04/2011 LISTAXE DE ARTISTAS SECCIONADOS: 1º certame de pintura "Antonio Quesada" para xoves creadores e creadoras da Comunidade Galega. Publicadas as bases e convocatoria específica do 1º certame de pintura "Antonio Quesada" para xoves creadores da Comunidade Galega, que terá lugar entre os días 29 de abril e 1 de maio de 2011, na praza da Princesa de Vigo, e/ou no seu contorno. Certame organizado polo Museo da Cidade "Quiñones de León" e a Concellería de Patrimonio Histórico do Excelentísimo Concello de Vigo. Pode consultalas no apartado de convocatorias da páxina web do Concello de Vigo. LISTAXE DE ARTISTAS SELECCIONADOS 29/03/2011 A POSTA EN MARCHA DA PINACOTECA AMOSA O COMPROMISO COA RECUPERACIÓN E DINAMIZACIÓN DO CASCO VELLO Vigo, 25 de marzo de 2011.- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, fixo hoxe unha visita previa á inauguración da Pinacoteca do Museo da Cidade “Quiñones de León”, cunha exposición de 166 obras de 83 autores, baixo o título “O fermoso rostro do país”. Segundo destacou o nacionalista, coa apertura deste novo centro cultural ubicado no restaurado Pazo de Arias Taboada, o Casco Vello recibe o maior investimento municipal da súa historia, cun total de máis de 27 millóns de euros, dos que 4,6 millóns de euros destináronse á posta en marcha da Pinacoteca.“Acostumados como estamos nesta cidade a que os proxectos desta envergadura se eternicen no tempo, e exemplos temos dabondo, é unha gran noticia que en menos de dous anos foramos quen de sacar adiante unha infraestrutura básica para artellar a oferta cultural da cidade”, subliñou o tenente de alcalde. Salientou que esta nova infraestrutura terá un papel decisivo na recuperación e dinamización do Casco Vello debido a súa situación estratéxica no barrio.
Ademais, para Santi Domínguez, a apertura desta Pinacoteca xogará outra das funcións fundamentais asumidas dende as áreas de Cascos Históricos, Cultura e Patrimonio Histórico. Considerou que permitirá “amosar ao mundo, nas condicións axeitadas, un dos maiores tesouros da cidade”, como é a máis importante colección da arte galega contemporánea que ten nos seus fondos o Concello de Vigo. A modo de exemplo da importancia da colección que dende hoxe se poderá ver na Pinacoteca, destacou que as obras que a integran teñen un valor de tasación superior aos 35 millóns de euros.
Santi Domínguez destacou que será un elemento central na Rede de Museos Municipais, que ten o obxectivo de reorganizar e poñer en valor os contentores culturais. Ao respecto salientou o investimento feito en cultura, non só coa apertura da Pinacoteca, senón tamén co inicio das obras no Centro Galego de Fotografía, a remodelación do Auditorio Municipal e a inauguración feita onte da Biblioteca Xosé Neira Vilas.
Santi Domínguez agradeceu o labor do concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, para acadar estes obxectivos e poder visualizar hoxe a mostra “O fermoso rostro do país”. Será unha exposición viva, xa que sobre ela iranse facendo variacións ao longo do tempo para ir presentando todos os fondos. Ademais, o inmoble conta tamén coa Sala do Autor, que será o espazo destinado ás exposicións temporais e que periodicamente se adicará a un autor concreto.
Eudosio Álvarez destacou que a accesibilidade das visitas para as persoas condiscapacidade “está garantida”, mediante as audioguías que están dispoñibles en tres idiomas, galego, castelán e inglés. Ademais, agradeceu ao equipo do Museo da Cidade “Quiñones de León”, porque asegurou que tamén grazas a eles foi posible abrir esta nova Pinacoteca. Os autores do proxecto, Julio Rodríguez e Daniel Rivoira, explicaron que a superficie expositiva é de 1.475 metros cadrados organizados nunha planta baixa, tres andares, un soto e un cuarto andar que corresponde coa torre do pazo.
21/03/2011 CASTRELOS INAUGURA O PRIMEIRO XARDÍN SENSORIAL PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE VISUAL Vigo, 18 de marzo de 2011.- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este venres o primeiro xardín sensorial para persoas con discapacidade visual nos xardíns históricos de Castrelos, "un dos espazos máis senlleiros da cidade". Segundo destacou , esta iniciativa é unha mostra do compromiso de facer de Vigo "unha cidade máis igualitaria" e asegurou que este obxectivo non quedou en meras palabras, senón que se pode "comprobar en iniciativas como esta".Santi Domínguez destacou que o obxectivo da posta en marcha deste primeiro xardín sensorial é "algo tan simple" como que calquera persoa con discapacidade visual puidera gozar destes xardíns. "A nosa intención foi posibilitar que as persoas con discapacidade poidan gozar deste paraxe", asegurou o nacionalista no acto, que tamén contou coa participación da concelleira de Benestar Social, María Méndez, e o edil de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, aos que felicitou polo seu traballo. Tamén participou un nutrido grupo de representantes das asociacións que traballan coas persoas con discapacidade, que foron os primeiros en poder utilizar este xardín. Para facilitar os percorridos, as persoas que visiten os xardíns terán unha cinta-guía, que define o percorrido para os usuarios con discapacidade visual. A través del poden atopar información sobre os obstáculos naturais para poder pasear polo parque de xeito seguro e coñecer as especies singulares ou os elementos arquitectónicos de interese. Un dos elementos máis salientables son as bandexas instaladas ao longo do percorrido nas que poderán percibir, a través das follas, as pólas das árbores e os froitos, as variacións estacionais ou os diferentes espazos naturais do parque. Ademáis do tacto, tamén poderán coñecer e gozar destes xardíns mediante p oído cos diferentes son do parque e o olfacto cos aromas das prantas e as árbores no novo "xardín aromático". O tenente de alcalde destacou que a loita pola igualdade é un dos compromisos adquiridos cando asumiu as tarefas de goberno. Como proba desde compromiso lembrou que nos dous últimos anos a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social levan investidos máis de 2,5 millóns de euros na eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios e dotacións públicas. O nacionalista destacou que este traballo a prol da accesibilidade foi recoñecido a nivel estatal coa concesión do premio Cocemfe. "Non imos parar aquí, senón que imos seguir traballando para que aqueles lugares nos que aínda existen barreiras arquitectónicas sexan 100% accesibles", comprometeuse Santi Domínguez. O nacionalista afirmou que nunca ningunha administración se preocupara tanto pola igualdade de oportunidades en Vigo. "Era a nosa obriga, pero tamén o era doutras administracións, pero nunca o fixeron", subliñou.
02/03/2011 Programa de actividades da exposición "Vigo S. XIX: o nacemento dunha cidade" O Museo "Quiñones de León" programa actividades didácticas da exposición "Vigo século XIX.O Nacemento dunha cidade" que comezarán o príximo 5 de marzo ata o 28 do mesmo mes. O programa didáctico da exposición está dirixido a todos os públicos e ten carácter gratuíto. O programa consta de diversas actividades, xa sexa con escolares, en familia ou de forma individual, xa que ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas sen reserva, ou con reserva previa se quere ir en grupo, e, ademais, conta cun programa específico de visitas para escolares. Exposición: A exposición internase no Vigo do século XIX, o Vigo que puxo os cimentos para todo o desenvolvemento da cidade no século posterior.O eixo central da exposición é o Salón de Próceres, no que se exhibe a recén restaurada galería de retratos históricos do museo, con nomes como José Elduayen, Angel Urzáiz, García Barbón e Policarpo Sanz, entre outros. A mostra viaxa dende a Reconquista ata a conmemoración do primeiro centenario da cidade, en 1909, para rematar avanzando o que estaba por vir no século XX. A mostra esta integrada por aproximadamente 110 pezas, entre obras de arte, fondos documentais e obxectos curiosos e de grande interese; testemuñas todas das importantes transformacións urbanísticas, económicas e culturais que converteron esta cidade na que hoxe coñecemos. Visitas guiadas: Este programa inclúe dous visitas guiadas diferentes que ven se poden facer conxuntamente no mesmo día ou de forma independente. Visitas guiadas á exposición: Consiste nun recorrido pola exposición en compañía du/unha guía experto/a, onde se trata de presentar de xeito ameno os contidos nela expostos. As visitas poden facerse en grupo ou de forma individual nos horarios que se expoñen abaixo. Horarios: - Xeral. Sábados ás 18:30 h. Sen reserva.
- Grupos. Consultar horarios. Previa reserva.
- Duración da visita guiada: 50 - 60 min
- Idades dos/as participantes: Non hai límites de idade. Os menores deben ir sempre acompañados dun adulto
Visitas guiadas ao cemiterio de Pereiró: Consiste nun percorrido polo cemiterio de Pereiró, coma monumento histórico e artístico, onde se fará un achegamento a historia dalgúns dos personaxes protagonistas do Vigo do S.XIX que teñen sepultura neste cemiterio, coma son o Marqués de Alcedo, Policarpo Sanz, Concepción Arenal, García Barbón ou José Elduayen, entre outros. Horarios:
- Xeral. Sábados ás 17:00 h. Sen reserva.
- Grupos. Consultar horarios. Previa reserva.
- Duración da visita guiada: 40 - 50 min
- Idades dos/as participantes: Non hai límites de idade. Os menores deben ir sempre acompañados dun adulto
Programa para escolares: Con este programa trátase de conseguir que para os escolares a experiencia na exposición sexa un entretemento educativo, memorable e repetible. Este programa inclúe a realización dunha visita guiada pola exposición e un obradoiro (opcional), onde os rapaces realizarán distintas actividades dependendo da etapa educativa na que se atopen. Horarios: - De martes a venres. Previa reserva.
- Duración: 90 min
- Idades dos/as participantes: de 3 a 18 anos
- Número máximo de participantes: 50
Información e reservas nos teléfonos: 986 29 50 70 / 986 29 50 75 Horario: de martes a venres de 11 a 14 horas 25/02/2011 Santi Domínguez inaugura en Castrelos a mostra "Vigo, século XIX: o nacemento dunha cidade", con 110 pezas orixinais. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este venres a exposición "Vigo, século XIX: o nacemento dunha cidade" no Museo da Cidade "Quiñones de León". Integrada por 110 obras orixinais e con música creada especificamente para acompañar as visitas, poderá visitarse ata o 26 de febreiro de 2012. Segundo destacou , esta mostra é a máis importante dos últimos anos, xa que supón "o paso definitivo para transformar o Pazo de Castrelos en sede permanente dunha exposición sobre a historia da cidade ".Na intervención previa á visita guiada pola mostra, Santi Domínguez explicou que a exposición aborda o primeiro século de Vigo como cidade, de 1810 a 1910, de xeito que recolle o "extraordinario pulo" que transforma unha vella vila na gran cidade que é hoxe. Destacou que Vigo non só é unha gran cidade no seu desenvolvemento económico e iniciativa empresarial, "senón que tamén recupera e quere poñer en valor a súa historia", algo que o tenente de alcalde considerou fundamental porque senón "nunca gañaremos o futuro". O nacionalista salientou que a apertura desta exposición amosa a aposta da Tenencia de Alcaldía e das concellerías que coordina, nomeadamente Patrimonio Histórico e Cultura, pola "recuperación do patrimonio vigués". Exemplo deste esforzo citou os xacementos de Toralla e O Castro, os roteiros etnoarqueolóxicos por Candeán, Saiáns e Zamáns, así como a próxima apertura da Pinacoteca e o inicio das obras do Centro Galego de Fotografía. Agradeceu o traballo do conseilo reitor do padroado do museo, aos artistas, e todas as persoas que fixeron posible abrir hoxe a mostra. O director do museo, José Ballesta, e a coordinadora da exposición, Beatriz de Lis, explicaron os contidos da exposición a través dunha visita guiada polas diferentes salas. A primeira delas, integrada na Sección I "Unha vila tranquila ao sur", está dedicada á Reconquista, que motivou a concesión do título da cidade. Ademais das pezas tradicionalmente expostas no museo, pódese ver diversa documentación e retratos dos principais protagonistas. Na segunda sala, "Como eramos, como nos viron", evócase a pequena vila que se converte en cidade en 1810, dende as representacións dos pintores que visitan Vigo a literatos como Julio Verne. A Colexiata ten especial protagonismo na sala, xa que por primeira vez expóñense ao público os seus planos. A terceira sala da mostra, "Salón de Próceres", está dedicada á memoria dos personaxes senlleiros do século XIX vigués. Integra a segunda sección e nela por primeira vez preséntase, completamente restaturada, a galería completa de retratos históricos do museo, entre os que destacan José Elduayen, Ángel Urzáiz, José García Barbón, Tomás Alonso, Eduardo Iglesias, Policarpo Sanz e Irene de Ceballos. A visita a este salón da paso ás salas que integran a seguinte sección da mostra, dedicada á segunda parte do século XIX e ao Nacemento dunha cidade. A cuarta sala, centrada na "Caída das murallas", axuda a comprender o crecemento urbanístico de Vigo nesa época, que leva a súa expansión ao Areal ou Salgueiral. A comunicación interna da cidade está representada por unha calesa cedida pola Compañía de Xesús de Vigo. A quinta sala, "Mar de Vigo. O desenvolvemento económico", presenta os principais aspectos do crecemento económico da cidade a finais do século XIX e principios do XX, centrado na expansión da industria conserveira e no pulo comercial. Como obxectos curiosos pódense ver as primeiras máquinas de cálculo da Caixa de Aforros de Vigo ou as balanzas para pesar empeños do seu Monte de Piedade. As salas sexta e sétima están adicadas á "Arte e Filantropía", que amosan o pulo cultural de Vigo durante o século XIX. Proba deste é o protagonismo da actividade editorial e a publicación na cidade por primeira vez de "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro, na imprenta de Juan Campañel, ademais da fundación do xornal Faro de Vigo, entre outros. A última sala da mostra, "Vigo tamén se divirte", lembra os principais teatros e cafés que existiron en Vigo, representados nunha maqueta do teatro García Barbón e nun conxunto de pezas doadas pola familia do fundador do Café Derbi, Albino Mallo. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, agradeceu a colaboración de todas as institucións que fixeron posible a súa posta en marcha, como o Arquivo Municipal, a Asociación Veciñal do Casco Vello, a Cámara de Comercio, a Compañía de Xesús, a Escola Municipal de Artes e Oficios, Faro de Vigo, o Museo de Anfaco, Francisco Pablos, Lalo Vázquez Gil, Javier Albertos, José Alján, José Antonio Valcarce, María Paz Espinosa, Tranvías Eléctricos de Vigo, Novacaixagalicia e o arquitecto Xaime Garrido. Tamén salientou que todas as pezas son orixinais, o cal ao seu xuízo realza a historicidade da mostra, ademais de contar coa súa propia música orixinal, que se puido escoitar hoxe en directo tras o percorrido. A exposición pode visitarse os martes, xoves e venres en horario de 10 a 13.30 e 17 a 20 horas; os mércores de 10 a 20 horas; os sábados de 17 a 20 horas; e os domingos e festivos de 10 a 10.30 horas. O museo ofrece un programa de visitas guiadas tanto ao museo como ao cemiterio municipal de Pereiró. Para máis información pode contactarse co museo a través dos teléfonos 986 295 070, 986 295 075 e no correo electrónico saves.museodecastrelos@vigo.org , de martes a venres de 11 a 14 horas.
25/02/2011 1º certame de pintura "Antonio Quesada" para xoves creadores e creadoras da Comunidade Galega. Publicadas as bases e convocatoria específica do 1º certame de pintura "Antonio Quesada" para xoves creadores da Comunidade Galega, que terá lugar entre os días 29 de abril e 1 de maio de 2011, na praza da Princesa de Vigo, e/ou no seu contorno. Certame organizado polo Museo da Cidade "Quiñones de León" e a Concellería de Patrimonio Histórico do Excelentísimo Concello de Vigo. Pode consultalas no apartado de convocatorias da páxina web do Concello de Vigo. 22/02/2011 Eudosio Álvarez presenta o certame de pintura “Antonio Quesada” co obxectivo de incentivar aos novos creadores. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentou este martes ,22 de febreiro,o primeiro Certame de Pintura "Antonio Quesada" para novos creadores. Eudosio Álvarez afirmou que un dos obxectivos desta iniciativa, na que poden participar mozos e mozas entre 16 e 35 anos, é "animar á produción artística entre a xuventude de Galiza", ademais de recuperar o "vello certame da Praza da Princesa", que nos anos setenta foi un referente na cidade."A presenza e o nome de Antonio Quesada quere servir de ponte entre aqueles anos e hoxe, así como continuar a revitalización do Casco Vello", salientou o concelleiro. O nacionalista explicou que a partir do venres, 25 de febreiro, e durante un mes na web do Concello estarán os impresos de inscrición a disposición das persoas que queiran participar. Ademais de cubrir o documento é preciso presentar unha fotocopia do DI, un curriculum e unha fotografía de resolucoón 300 p.p. As obras presentadas a concurso deben ter unha dimensión máxima de 1,5 metros por 1,5 metros e mínima de 75 centímetros por 75 centímetros. Respecto á contía dos premios, o concelleiro de Patrimonio Histórico sinalou que haberá un primeiro, dotado con 4.000 euros; un segundo, dotado con 2.000 euros, pero tamén está prevista a posibilidade de que a organización conceda accésits de 2.000 euros "ás persoas que o merezan". Ademais, as obras gañadoras pasarán a formar parte da colección do Museo de Castrelos do século XXI. Eudosio Álvarez indicou que o xurado estará composto por catro persoas "de recoñecido prestixio", presidido por Antonio Quesada e o concelleiro de Patrimonio Histórico. "Queremos contar tamén cunha persoa de comisariado internacional", afirmou. Farán público o fallo da obra gañadora o 30 de abril ás 12 horas na Casa Galega da Cultura. O concelleiro nacionalista comentou a posibilidade de que este acto se faga na nova Pinacoteca, habida conta de que o certame "complementa o traballo do desenvolvemento do proxecto expositivo dos fondos do Museo de Castrelos". Eudosio Álvarez tamén sinalou que, se as condicións climatolóxicas o permiten, farase un chamamento á cidadanía para que poidan facer o seu labor pictórico nas diferentes prazas do Casco Vello. "Para nós é un complemento fundamental do traballo expositivo da Pinacoteca, que singulariza o esforzo tanto da xunta reitora do Museo, como da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Patrimonio Histórico", manifestou. Antonio Quesada expresou o seu agradecemento a Eudosio Álvarez pola iniciativa e dixo que é unha "gran honra esta atención". Ademais de salientar a importancia da recuperación do certame da Praza da Princesa, asegurou que lle gustaría que a xente presentara "obras magníficas á exposición". O director do Museo de Castrelos, José Ballesta, afirmou que se trata dunha iniciativa "moi interesante" dende diversos ámbitos, tanto institucional como artístico. "Ademais, é un xeito de iniciar a colección do Museo de Castrelos do século XXI", afirmou. 26/11/2010 Casa das Artes acolle ata o 13 de febreiro a exposición "Quiñones de León: unha nova pinacoteca para Galicia" A exposición "Quiñones de León: unha nova pinacoteca para a Galicia" que, do 26 de novembro ao 13 de febreiro, poderarse visitar na Casa das Artes é unha selección de 83 obras da colección municipal da plástica galega dos séculos XIX e XX. Tratase dunha exposición que se nutre dos fondos do Museo de Castrelos, e é un avance da permanente que albergará a nova Pinacoteca O comisario da mostra, Carlos López Bernárdez, fixo a selección de 83 obras representativas da plástica galega dos séculos XIX e XX, entre as que figuran o nome de autores como Laxeiro, Colmeiro, Castelao, Lugrís, Serafín Avendaño, Maside e Sotomayor. Poderase contemplar tamén a última obra adquirida polo Museo de Castrelos, no ano 2009, que é un bodegón de Luis Seoane do ano 1956. Das 83 obras, 10 foron restauradas especificamente para a mostra. A exposición contará cun programa de visitas guiadas para escolares que entrará en funcionamento a partires do martes 30 de novembro. Lugar: Casa das Artes. Planta primeira. Rúa Policarpo Sanz núm. 15. Vigo Horarios: - Luns a venres: 18.00 - 21.30 h
- Sábados: 11.00 - 14.00 h, 18.00 - 21.30 h
- Domingos e festivos: 11.00 - 14.00 h
PROGRAMA DIDÁCTICO 2010 DA EXPOSICIÓN "Quiñones de León: unha nova pinacoteca para Galicia" INFORMACIÓN XERAL: A exposición amosa unha selección de 83 obras da colección municipal da plástica galega dos séculos XIX e XX. Obras entre as que figuran o nome de autores como Laxeiro, Colmeiro, Castelao, Lugrís, Serafín Avendaño, Maside e Sotomayor. Nela tamén poderán contemplar a última obra adquirida polo Museo de Castrelos, no 2009, que é un bodegón de Luis Seoane do ano 1956 . O programa didáctico da exposición está dirixido a todos os públicos e ten carácter gratuíto. Mediante este programa poderán gozar de diversas actividades, sexa co seu alumnado, en grupo, en familia ou de forma individual, xa que ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas sen reserva, ou con reserva previa se quere ir en grupo, e, ademais, conta cun programa específico de visitas dinamizadas para escolares e outro para familias. VISITAS GUIADAS XERAIS: Consiste nun recorrido pola exposición en compañía du/unha guía experto/a, onde se trata de presentar de xeito ameno os contidos nela expostos. Estas visitas poden realizarse sen reserva previa, ou reservando previamente si se vai acudir en grupo. - Idades dos participantes: Non hai límites de idade. Os menores deben ir sempre acompañados dun adulto.
- Duración: 1 h
- Horarios Xeral: Sen reserva.
- Do 28 de novembro ao 26 de decembro: Domingo ás 12:30.
- Especial de Nadal. Do 22 ao 30 de decembro, agás 24, 25 e 26: Ás 19:00
- Horarios Grupos: Previa reserva.
- Do 28 de novembro ao 23 de decembro: De luns a venres en horario de mañá.
- Especial de Nadal. Do 22 ao 30 de decembro, agás 24, 25 e 26: Ás 18:00
PROGRAMA PARA ESCOLARES: Previa reserva. Con este programa trátase de conseguir que para os escolares a experiencia na exposición sexa un entretemento educativo. Este programa inclúe a realización dunha visita guiada dinamizada pola exposición, onde os rapaces realizarán distintas actividades dependendo da etapa educativa na que se atopen. - Número máximo de participantes: 50
- Idades dos participantes: de 4 a 18 anos
- Duración: 1 h 30 min
- Horarios: Do 28 de novembro ao 23 de decembro: De luns a venres en horario de mañá.
VISITAS DINAMIZADAS PARA FAMILIAS: Sen reserva. Nestas visitas cada domingo presentarase un itinerario diferente pola exposición, itinerario que inclúe xogos e actividades. Estas visitas están dirixidas a nenos/as que ven poden ir acompañados dos seus familiares ou quedar ao cargo do persoal educador. - Idades dos participantes: de 4 a 12 anos
- Duración: 1 h 30 min
- Horario: Do 28 de novembro ao 26 de decembro: Domingos ás 11.00
23/09/2010 Domingos de Museo. DOMINGO 26 DE SETEMBRO "LANDRIÑA DESCOBRE A ESCULTURA" O Museo da Cidade "Quiñones de León" continúa cos seus "Domingos de Museo", onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos/as e familias e das visitas guiadas para público en xeral. Visita dinamizada para nenos/as e familias: Museo da Cidade "Quiñones de León" As 11.30 horas e cunha duración dunha hora, Landriña, a mascota do Museo da Cidade, é a encargada de presentar cada domingo un itinerario temático polo museo e/ou o xardín histórico que inclúe xogos e actividades. Os familiares que acompañan ás e aos menores poden participar desta actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador. Estas actividades son totalmente gratuítas. O número máximo de participantes é de 15 nenos/as cun máximo de dous acompañantes. DOMINGO 26 DE SETEMBRO "LANDRIÑA DESCOBRE A ESCULTURA" Este domingo Landriña axudará aos participantes da visita a aprender e gozar das esculturas que contén o pazo e as coleccións. Ademais aprenderemos a realizar nas propias salas unhas divertidas esculturas de papel. Visita xeral ao Museo da Cidade. O pazo: historia e curiosidades" A visita xeral ao pazo trata de presentar de xeito ameno a historia do Pazo "Quiñones de León". Na visita descubriremos algunhas curiosidades do pazo e das coleccións. Como complemento a esta visita subiremos ás torres dende as que gozaremos dunha privilexiada visión dos xardíns que acompañaremos cunha breve explicación. INFORMACIÓN ADICIONAL Museo da Cidade "Quiñones de León": Visitas guiadas público en xeral - Visitas guiadas ao Pazo de Castrelos
- Sen reserva. Domingo ás 12.30
Museo da Cidade"Quiñones de León": Visitas guiadas para grupos e asociacións - Visitas guiadas ao Pazo de Castrelos e/ou o Xardín Histórico
- Previa reserva. No horario de apertura do Pazo.
Museo da Cidade"Quiñones de León": Visitas guiadas á sala de arqueoloxía e obradoiro de arqueoloxía - Todos os públicos.
- No horario de apertura do Pazo. Previa reserva.
Museo da Cidade"Quiñones de León": Visitas guiadas ao Xacemento de O Castro - Todos os públicos. Consultar previamente.
- Maio a setembro. Todos os días agás luns de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00
- Outubro abril. Todos os días agás luns de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00
Museo da Cidade"Quiñones de León": Visitas guiadas ao Xacemento da Villa Romana de Tóralla - Todos os públicos. Consultar previamente.
- Outubro a maio: Martes, venres, sábado e domingo de 12.00 a 18.00
- Xuño a setembro. De martes a domingo de 12.00 a 20.00
16/09/2010 Domingos de Museo. DOMINGO 19 DE SETEMBRO "LANDRIÑA APRENDE OS OFICIOS" O Museo da Cidade "Quiñones de León" continúa cos seus "Domingos de Museo", onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos/as e familias e das visitas guiadas para público en xeral. Visita dinamizada para nenos/as e familias: Museo da Cidade "Quiñones de León" As 11.30 horas e cunha duración dunha hora, Landriña, a mascota do Museo da Cidade, é a encargada de presentar cada domingo un itinerario temático polo museo e/ou o xardín histórico que inclúe xogos e actividades. Os familiares que acompañan ás e aos menores poden participar desta actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador. Estas actividades son totalmente gratuítas. O número máximo de participantes é de 15 nenos/as cun máximo de dous acompañantes. DOMINGO 19 DE SETEMBRO "LANDRIÑA APRENDE OS OFICIOS" Este domingo Landriña propón unha divertida ruta polo Museo da Cidade na que a través dos cadros da colección de pintura galega descubriremos oficios e labores representados nos cadros do museo. Durante moito tempo ademais de retratos e paisaxes os pintores galegos querían contar como e de que vivían as xentes da nosa terra, por iso nos seus cadros atopamos traballadores dos que imos aprender moitas cousas. Para guiarnos no recorrido Landriña ten preparado un xogo de pistas, con imaxes e xogos de palabras, a través dos que descubriremos os cadros cos que despois xogaremos ao xogo dos oficios, onde a través de mímica, as persoas participantes terán que representar algún dos oficios que aparecen nas obras da colección e os demais deberan ser quen de adiviñalo. Visita xeral ao Museo da Cidade. O pazo: historia e curiosidades"A visita xeral ao pazo trata de presentar de xeito ameno a historia do Pazo "Quiñones de León". Na visita descubriremos algunhas curiosidades do pazo e das coleccións. Como complemento a esta visita subiremos ás torres dende as que gozaremos dunha privilexiada visión dos xardíns que acompañaremos cunha breve explicación.
09/09/2010 Domingos de Museo. DOMINGO 12 DE SETEMBRO "LANDRIÑA DESCoBRE O TEATRO" O Museo da Cidade "Quiñones de León" continúa cos seus "Domingos de Museo", onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos/as e familias e das visitas guiadas para público en xeral. Visita dinamizada para nenos/as e familias: Museo da Cidade "Quiñones de León" As 11.30 horas e cunha duración dunha hora, Landriña, a mascota do Museo da Cidade, é a encargada de presentar cada domingo un itinerario temático polo museo e/ou o xardín histórico que inclúe xogos e actividades. Os familiares que acompañan ás e aos menores poden participar desta actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador. Estas actividades son totalmente gratuítas. O número máximo de participantes é de 15 nenos/as cun máximo de dous acompañantes. DOMINGO 12 DE SETEMBRO "LANDRIÑA DESCOBRE O TEATRO" Este domingo Landriña ensinaralles como antes do nacemento e popularización da fotografía eran os pintores e pintoras quen, nos seus lenzos, retrataban as persoas e as representaban de moi diversas formas. Unhas veces de xeito naturalista ou realista, outras, de xeito imaxinativo e creativo. Da man da mascota visitaremos as salas do pazo descubrindo retratos moi diferente, experimentaremos a idea de ser nós os retratados e crearemos a partir dun divertido xogo un retrato moi diferente e creativo. Visita xeral ao Museo da Cidade. O pazo: historia e curiosidades" A visita xeral ao pazo trata de presentar de xeito ameno a historia do Pazo "Quiñones de León". Na visita descubriremos algunhas curiosidades do pazo e das coleccións. Como complemento a esta visita subiremos ás torres dende as que gozaremos dunha privilexiada visión dos xardíns que acompañaremos cunha breve explicación.
02/09/2010 Domingos de Museo. DOMINGO 5 DE SETEMBRO "LANDRIÑA VIAXA AO INTERIOR DAS PAISAXES" O Museo da Cidade "Quiñones de León" continúa cos seus "Domingos de Museo", onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos/as e familias e das visitas guiadas para público en xeral. Visita dinamizada para nenos/as e familias: Museo da Cidade "Quiñones de León" As 11.30 horas e cunha duración dunha hora, Landriña, a mascota do Museo da Cidade, é a encargada de presentar cada domingo un itinerario temático polo museo e/ou o xardín histórico que inclúe xogos e actividades. Os familiares que acompañan ás e aos menores poden participar desta actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador. Estas actividades son totalmente gratuítas. O número máximo de participantes é de 15 nenos/as cun máximo de dous acompañantes. DOMINGO 5 DE SETEMBRO "LANDRIÑA VIAXA AO INTERIOR DAS PAISAXES" Landriña, a mascota do museo proponnos un itinerario polas súas paisaxes favoritas da colección do pazo. Contemplándoas, observaremos como ademais de utilizar a liña e a cor, os/as artistas utilizan a luz e as sombras para crear ambientes e sensacións en función do que queren suxerir. Coa axuda da nosa imaxinación viaxaremos ao interior destas paisaxes nas que descubriremos cores, olores, personaxes, animais... cos que crearemos unha historia. A aventura nas salas complétase cun xogo que ten como base os cadros seleccionados e onde poñeremos a proba a observación dos/as participantes. Visita xeral ao Museo da Cidade. O pazo: historia e curiosidades" A visita xeral ao pazo trata de presentar de xeito ameno a historia do Pazo "Quiñones de León". Na visita descubriremos algunhas curiosidades do pazo e das coleccións. Como complemento a esta visita subiremos ás torres dende as que gozaremos dunha privilexiada visión dos xardíns que acompañaremos cunha breve explicación.
26/08/2010 Domingos de Museo. DOMINGO 29 DE agosto "LANDRIÑA DESCOBRE OS SEGREDOS DO XARDÍN" O Museo da Cidade "Quiñones de León" continúa cos seus "Domingos de Museo", onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos/as e familias e das visitas guiadas para público en xeral. Visita dinamizada para nenos/as e familias: Museo da Cidade "Quiñones de León" As 11.30 horas e cunha duración dunha hora, Landriña, a mascota do Museo da Cidade, é a encargada de presentar cada domingo un itinerario temático polo museo e/ou o xardín histórico que inclúe xogos e actividades. Os familiares que acompañan ás e aos menores poden participar desta actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador. Estas actividades son totalmente gratuítas. O número máximo de participantes é de 15 nenos/as cun máximo de dous acompañantes. DOMINGO 29 DE agosto "LANDRIÑA DESCOBRE OS SEGREDOS DO XARDÍN" Este domingo a mascota proponnos un itinerario polos xardíns históricos do pazo onde ademais de coñecer as diferentes partes do xardín descubriremos os tesouros que garda, como escudos e esculturas antigas, pero tamén sorprendentes obras de arte contemporánea. A aventura nos xardíns complétase con diferentes xogos e actividades que terán lugar ao longo da visita e onde poremos a proba a observación e creatividade dos participantes. Visita xeral ao Museo da Cidade. O pazo: historia e curiosidades" A visita xeral ao pazo trata de presentar de xeito ameno a historia do Pazo "Quiñones de León". Na visita descubriremos algunhas curiosidades do pazo e das coleccións. Como complemento a esta visita subiremos ás torres dende as que gozaremos dunha privilexiada visión dos xardíns que acompañaremos cunha breve explicación.
19/08/2010 Domingos de Museo. DOMINGO 22 DE agosto "LANDRIÑA VIAXA AO INTERIOR DAS PAISAXES" O Museo da Cidade "Quiñones de León" continúa cos seus "Domingos de Museo", onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos/as e familias e das visitas guiadas para público en xeral. Visita dinamizada para nenos/as e familias: Museo da Cidade "Quiñones de León" As 11.30 horas e cunha duración dunha hora, Landriña, a mascota do Museo da Cidade, é a encargada de presentar cada domingo un itinerario temático polo museo e/ou o xardín histórico que inclúe xogos e actividades. Os familiares que acompañan ás e aos menores poden participar desta actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador. Estas actividades son totalmente gratuítas. O número máximo de participantes é de 15 nenos/as cun máximo de dous acompañantes. DOMINGO 22 DE agosto "LANDRIÑA VIAXA AO INTERIOR DAS PAISAXES" Landriña, a mascota do museo proponnos un itinerario polas súas paisaxes favoritas da colección do pazo. Contemplándoas, observaremos como ademais de utilizar a liña e a cor, os/as artistas utilizan a luz e as sombras para crear ambientes e sensacións en función do que queren suxerir. Coa axuda da nosa imaxinación viaxaremos ao interior destas paisaxes nas que descubriremos cores, olores, personaxes, animais... cos que crearemos unha historia. A aventura nas salas complétase cun xogo que ten como base os cadros seleccionados e onde poñeremos a proba a observación dos/as participantes. Visita xeral ao Museo da Cidade. O pazo: historia e curiosidades" A visita xeral ao pazo trata de presentar de xeito ameno a historia do Pazo "Quiñones de León". Na visita descubriremos algunhas curiosidades do pazo e das coleccións. Como complemento a esta visita subiremos ás torres dende as que gozaremos dunha privilexiada visión dos xardíns que acompañaremos cunha breve explicación.
12/08/2010 Domingos de Museo. DOMINGO 22 DE agosto "LANDRIÑA DESCOBRE A MITOLOXÍA" O Museo da Cidade "Quiñones de León" continúa cos seus "Domingos de Museo", onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos/as e familias e das visitas guiadas para público en xeral. Visita dinamizada para nenos/as e familias: Museo da Cidade "Quiñones de León" As 11.30 horas e cunha duración dunha hora, Landriña, a mascota do Museo da Cidade, é a encargada de presentar cada domingo un itinerario temático polo museo e/ou o xardín histórico que inclúe xogos e actividades. Os familiares que acompañan ás e aos menores poden participar desta actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador. Estas actividades son totalmente gratuítas. O número máximo de participantes é de 15 nenos/as cun máximo de dous acompañantes. DOMINGO 15 DE agosto "LANDRIÑA DESCOBRE A MITOLOXÍA" Este domingo Landriña propón unha nova ruta polo Museo da Cidade na que a través dos cadros e obxectos das coleccións descubriremos mitos e historias, aprenderemos a diferencialos e falaremos dos principais deuses e monstros xurdidos da mitoloxía occidental. Durante a visita a mascota do museo nos proporá varios xogos de observación relacionados coa temática de este domingo. Para rematar a visita realizaremos unha actividade relacionada coa creación e orixe dos mitos. Visita xeral ao Museo da Cidade. O pazo: historia e curiosidades" A visita xeral ao pazo trata de presentar de xeito ameno a historia do Pazo "Quiñones de León". Na visita descubriremos algunhas curiosidades do pazo e das coleccións. Como complemento a esta visita subiremos ás torres dende as que gozaremos dunha privilexiada visión dos xardíns que acompañaremos cunha breve explicación.
05/08/2010 Domingos de Museo. DOMINGO 08 DE agosto "LANDRIÑA ENSINA OS OFICIOS" O Museo da Cidade "Quiñones de León" continúa cos seus "Domingos de Museo", onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos/as e familias e das visitas guiadas para público en xeral. Visita dinamizada para nenos/as e familias: Museo da Cidade "Quiñones de León" As 11.30 horas e cunha duración dunha hora, Landriña, a mascota do Museo da Cidade, é a encargada de presentar cada domingo un itinerario temático polo museo e/ou o xardín histórico que inclúe xogos e actividades. Os familiares que acompañan ás e aos menores poden participar desta actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador. Estas actividades son totalmente gratuítas. O número máximo de participantes é de 15 nenos/as cun máximo de dous acompañantes. DOMINGO 08 DE agosto "LANDRIÑA ENSINA OS OFICIOS" Durante moito tempo, ademais de retratos e paisaxes, os artistas galegos querían contar como e de que vivían as xentes da nosa terra, por iso nos seus cadros e esculturas atopamos traballadores e oficios dos que imos aprender non só, cales eran algúns dos traballos que realizaban os nosos avós senón tamén como estes labores e aparellos teñen evolucionado ata chegar á actualidade. Landriña amosará aos participantes da visita como aprender de xeito divertido no museo. Nos cadros, e outras obras de arte, atópase toda a sabedoría do mundo e este domingo a mascota propón diferentes xogos a través dos que coñecer os diferentes oficios que nos mostran as personaxes das pinturas e esculturas do pazo. Visita xeral ao Museo da Cidade. O pazo: historia e curiosidades" A visita xeral ao pazo trata de presentar de xeito ameno a historia do Pazo "Quiñones de León". Na visita descubriremos algunhas curiosidades do pazo e das coleccións. Como complemento a esta visita subiremos ás torres dende as que gozaremos dunha privilexiada visión dos xardíns que acompañaremos cunha breve explicación.
29/07/2010 Domingos de Museo. DOMINGO 1 DE agosto "O xogo da abstracción" O Museo da Cidade "Quiñones de León" continúa cos seus "Domingos de Museo", onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos/as e familias e das visitas guiadas para público en xeral. Visita dinamizada para nenos/as e familias: Museo da Cidade "Quiñones de León" As 11.30 horas e cunha duración dunha hora, Landriña, a mascota do Museo da Cidade, é a encargada de presentar cada domingo un itinerario temático polo museo e/ou o xardín histórico que inclúe xogos e actividades. Os familiares que acompañan ás e aos menores poden participar desta actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador. Estas actividades son totalmente gratuítas. O número máximo de participantes é de 15 nenos/as cun máximo de dous acompañantes. DOMINGO 1 DE agosto "O xogo da abstracción" Este domingo Landriña propón aos participantes descubrir a abstracción a partir de dúas simpáticas amigas chamadas KIKI e BUBBA. A través dos cadros da colección de arte galega descubriremos que é iso que chamamos abstracción e que é o que queren transmitir os artistas con ela. Despois a mascota propoñerá un divertido xogo en salas no que experimentaremos a través de formas e cores a idea da abstracción creando improvisadas esculturas. Visita xeral ao Museo da Cidade. O pazo: historia e curiosidades" A visita xeral ao pazo trata de presentar de xeito ameno a historia do Pazo "Quiñones de León". Na visita descubriremos algunhas curiosidades do pazo e das coleccións. Como complemento a esta visita subiremos ás torres dende as que gozaremos dunha privilexiada visión dos xardíns que acompañaremos cunha breve explicación.
22/07/2010 Domingos de Museo. DOMINGO 25 DE XULLO "Landriña descubre o retrato" O Museo da Cidade "Quiñones de León" continúa cos seus "Domingos de Museo", onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos/as e familias e das visitas guiadas para público en xeral. Visita dinamizada para nenos/as e familias: Museo da Cidade "Quiñones de León" As 11.30 horas e cunha duración dunha hora, Landriña, a mascota do Museo da Cidade, é a encargada de presentar cada domingo un itinerario temático polo museo e/ou o xardín histórico que inclúe xogos e actividades. Os familiares que acompañan ás e aos menores poden participar desta actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador. Estas actividades son totalmente gratuítas. O número máximo de participantes é de 15 nenos/as cun máximo de dous acompañantes. DOMINGO 25 DE XULLO "Landriña descubre o retrato" Este domingo Landriña ensinaralles como antes do nacemento e popularización da fotografía eran os pintores e pintoras quen, nos seus lenzos, retrataban as persoas e as representaban de moi diversas formas. Unhas veces de xeito naturalista ou realista, outras, de xeito imaxinativo e creativo. Da man da mascota visitaremos as salas do pazo descubrindo retratos moi diferente, experimentaremos a idea de ser nós os retratados e crearemos a partir dun divertido xogo un retrato moi diferente e creativo. Visita xeral ao Museo da Cidade. O pazo: historia e curiosidades" A visita xeral ao pazo trata de presentar de xeito ameno a historia do Pazo "Quiñones de León". Na visita descubriremos algunhas curiosidades do pazo e das coleccións. Como complemento a esta visita subiremos ás torres dende as que gozaremos dunha privilexiada visión dos xardíns que acompañaremos cunha breve explicación.
15/07/2010 Domingos de Museo. DOMINGO 18 DE XULLO "O ladrón de cores" O Museo da Cidade "Quiñones de León" continúa cos seus "Domingos de Museo", onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos/as e familias e das visitas guiadas para público en xeral. Visita dinamizada para nenos/as e familias: Museo da Cidade "Quiñones de León" As 11.30 horas e cunha duración dunha hora, Landriña, a mascota do Museo da Cidade, é a encargada de presentar cada domingo un itinerario temático polo museo e/ou o xardín histórico que inclúe xogos e actividades. Os familiares que acompañan ás e aos menores poden participar desta actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador. Estas actividades son totalmente gratuítas. O número máximo de participantes é de 15 nenos/as cun máximo de dous acompañantes. DOMINGO 18 DE XULLO "O ladrón de cores" Este domingo Landriña ensinaralles aos participantes como os pintores utilizan a cor de xeitos moi diferentes segundo as sensacións que desexan acadar nas persoas que ven os cadros. Aprenderemos cales son as cores cálidas e as frías e coas lupas máxicas descubriremos como crear novas cores a partir das cores primarias. Pero hai algo máis, un ladrón de cores levou a cor dun dos cadros da colección...seremos quen de atopala? Visita xeral ao Museo da Cidade. O pazo: historia e curiosidades" A visita xeral ao pazo trata de presentar de xeito ameno a historia do Pazo "Quiñones de León". Na visita descubriremos algunhas curiosidades do pazo e das coleccións. Como complemento a esta visita subiremos ás torres dende as que gozaremos dunha privilexiada visión dos xardíns que acompañaremos cunha breve explicación.
14/07/2010 O Museo da Cidade "Quiñones de León" dentro das actividades que está a desenvolver este verán, vai pór en marcha durante as dúas últimas semanas de xullo un novo obradoiro dirixido a todos os públicos. "PEQUENO OBRADOIRO DE ARQUEOLOXÍA". CONVÉRTETE EN ARQUEÓLOGO/A POR UN DÍA. Realizarase do 19 ao 31 de xullo en horario de martes a venres, de 11:30 a 12:30 horas, non é preciso reservar previamente. É unha actividade que se pode gozar en familia ou con amigos, xa que está dirixida a todos os públicos, tanto rapaces como maiores; as únicas condicións son que a idade mínima para poder participar son os 8 anos e os menores de idade sempre deben ir acompañados dunha persoa adulta. Este obradoiro é unha experiencia didáctica e divulgativa, absolutamente interactiva, na que os/as participantes transfórmanse en arqueólogos e arqueólogas por un día. En primeiro lugar, e seguindo pautas científicas, realizan unha escavación arqueolóxica, para continuar experimentando algúns aspectos da vida cotiá das épocas escavadas (caza, pesca, elaboración de xoias, fundido de metal, acuñado de moedas, etc), empregando os obxectos que aparecen na escavación e os recursos do obradoiro. As épocas que se poden escavar son: paleolítico, neolítico, castrexo e romanización. 09/07/2010 Domingos de Museo. DOMINGO 11 DE XULLO "Landriña descubre os segredos do Pazo". O Museo da Cidade "Quiñones de León" continúa cos seus "Domingos de Museo", onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos/as e familias e das visitas guiadas para público en xeral. Visita dinamiza para nenos/as e familias: Museo da Cidade "Quiñones de León" As 11.30 horas e cunha duración dunha hora, Landriña, a mascota do Museo da Cidade, é a encargada de presentar cada domingo un itinerario temático polo museo e/ou o xardín histórico que inclúe xogos e actividades. Os familiares que acompañan ás e ós menores poden participar desta actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador. Estas actividades son totalmente gratuítas. O número máximo participantes é de 15 nenos/as cun máximo de dous acompañantes. DOMINGO 11 DE XULLO "Landriña descubre os segredos do Pazo" Este domingo Landriña guiará aos participantes da visita nun breve percorrido polo Pazo; da súa man descubriremos os segredos que se esconden tralas súas paredes e nas obras de arte expostas. A visita inclúe unha subida ás torres do Pazo. Visita xeral ao Museo da Cidade. "O pazo: historia e curiosidades"
A visita xeral ao pazo trata de presentar de xeito ameno a historia do Pazo "Quiñones de León". Na visita descubriremos algunhas curiosidades do pazo e das coleccións. Como complemento a esta visita subiremos ás torres dende as que gozaremos dunha privilexiada visión dos xardíns que acompañaremos cunha breve explicación.
02/07/2010 Domingos de Museo. DOMINGO 3 DE XULLO "Landriña descobre a escultura" A partir do mes de xullo e ata setembro o Museo da Cidade conta cun novo horario para o programa de dinamización para grupos, familias e público en xeral que describimos a continuación. "Domingos de Museo" Visita dinamizada para nenos/as e familias: Museo da Cidade "Quiñones de León" Ás 11.30 horas e cunha duración dunha hora, Landriña, a mascota do Museo da Cidade, é a encargada de presentar cada domingo un itinerario temático polo museo e/ou o xardín histórico que inclúe xogos e actividades. Os familiares que acompañan ás e ós menores poden participar desta actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador. Estas actividades son totalmente gratuítas. O número máximo participantes é de 15 nenos/as cun máximo de dous acompañantes. DOMINGO 3 DE XULLO "Landriña descobre a escultura" Este domingo Landriña axudará aos participantes da visita a aprender e gozar das esculturas que contén o pazo e as coleccións. Ademais aprenderemos a realizar nas propias salas unas divertidas esculturas de papel. Visita xeral ao Museo da Cidade. "O pazo: historia e curiosidades"
A visita xeral ao pazo trata de presentar de xeito ameno a historia do Pazo "Quiñones de León". Na visita descubriremos algunhas curiosidades do pazo e das coleccións. Como complemento a esta visita subiremos ás torres dende as que gozaremos dunha privilexiada visión dos xardíns que acompañaremos cunha breve explicación. 11/06 /2010 Domingos de Museo. Obradoiros para nenos/as e familias Os obradoiros para familias están dirixidos a nenos/as entre os 4 e os 12 anos de idade e teñen lugar todos os domingos de 11:30 a 13:30 no Pazo de Castrelos. Non é necesaria a reserva. Os familiares que acompañan aos menores poden participar desta actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador. Estas actividades son totalmente gratuítas. O número máximo participantes é de 15 nenos/as cun máximo de dous acompañantes. Landriña, a mascota do Museo da Cidade, é a encargada de presentar cada domingo un itinerario temático polo museo que inclúe xogos e actividades nas salas, seguido dun obradoiro de creación. DOMINGO 13 DE XUÑO "LANDRIÑA ENSINA OS OFICIOS" Este domingo Landriña proponnos unha divertida ruta polo Museo da Cidade na que a través da colección de pintura descubriremos oficios e labores representados nos cadros. Durante moito tempo ademais de retratos e paisaxes os pintores galegos querían contar cómo e de qué xeito vivían as xentes da nosa terra, por iso nos seus cadros atopamos oficios dos que imos a aprender non só qué traballos que realizaban senón tamén como estes labores teñen evolucionado ata a actualidade. Para guiarnos no percorrido de hoxe Landriña ten preparado un xogo de pistas, con imaxes e xogos de palabras, a partir dos cales descubriremos os cadros. Despois xogaremos ao xogo dos oficios onde a través da mímica os participantes terán que representar para os seus compañeiros algúns dos oficios que aparecen nas obras da colección e os demais deberan ser quen de adiviñalo. Finalmente realizaremos un obradoiro a partir dunha das obras máis coloridas da colección "As Lavandeiras" do pintor galego Maside onde observaremos a súa técnica da cor e empregaremos unha nova para dar un resultado moi diferente a obra orixinal. 14/04/2010 O Día dos Museos celebrarase do 18 ao 22 de maio no Castro, Casa das Artes, Verbum, Toralla e Castrelos Con motivo do Día Internacional dos Museos, diversas instalacións museísticas da cidade acollerán actividades ao longo da semana do 18 ao 22 de maio co obxectivo de ofrecer iniciativas que procuren seguir achegando os museos á cidade, en concreto aos xacementos de O Castro e o Toralla, así como os museos Verbum e Castrelos e a Casa das Artes. - O día 18, no xacemento de O Castro terán lugar dúas teatralizacións de cómo vivían os habitantes do poboado castrexo hai dous mil anos. A representación será muda, xa que non coñecemos a lingua na que se expresaban os castrexos.
- O 19 de maio ás 20.30 horas, o museo Verbum acollerá un concerto do programa Duplo R horas, no que se amosará a relación dunha tradición histórica como a regueifa e un movemento actual como o rap. O día 20, a iniciativa prevista será na Casa das Artes, na que se desenvolverá unha actividade vinculada ao Arquivo Pacheco.
- O día 21 ás 22 horas, o xacemento de Toralla será o escenario no que terá lugar un concerto de arpa a cargo de Lulavai, "un grupo de gran proxección musical en Vigo e Galiza",
- O 22 de maio, o pazo e os xardíns de Castrelos acollerán dúas visitas teatralizadas, ás 17.30 e ás 20.30 horas, "coa presenza da propia marquesa". Os visitantes que participen nesta iniciativa poderán ir vestidos con roupa de época, co obxectivo de que se identifiquen coa vida do pazo.
A participación nas actividades previstas na Semana dos Museos tamén será de balde. 13/05/2010 " Domingos de Museo" Obradoiros para nenos/as e familias: Museo da Cidade "Quiñones de León" Os obradoiros para familias están dirixidos a nenos/as entre os 4 e os 12 anos de idade e teñen lugar todos os domingos de 11:30 a 13:30 no Pazo de Castrelos. Non é necesaria a reserva. Os familiares que acompañan aos menores poden participar desta actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador. Estas actividades son totalmente gratuítas. O número máximo participantes é de 15 nenos/as cun máximo de dous acompañantes. Landriña, a mascota do Museo da Cidade, é a encargada de presentar cada domingo un itinerario temático polo museo que inclúe xogos e actividades nas salas, seguido dun obradoiro de creación. DOMINGO 16 DE MAIO "Landriña viaxa ao interior das paisaxes" Landriña, a mascota do museo proponnos un itinerario polas súas paisaxes favoritas da colección do pazo, nas que observaremos como ademais de utilizar a liña e a cor, os/as artistas utilizan a luz e as sombras para crear ambientes e sensacións en función do que queren suxerir. Coa axuda da nosa imaxinación viaxaremos ao interior destas paisaxes nas que descubriremos cores, olores, personaxes, animais... cos que crearemos unha historia. A aventura nas salas complétase cun xogo que ten coma base os cadros seleccionados e onde poñeremos a proba a observación dos/as participantes. No obradoiro converteranse en artistas e realizarán a súa propia obra na que terán que cambiar as cores dunha paisaxe a medida que avanza o día. AVANCE PROGRAMA "DOMINGOS DE MUSEO" - Domingo 23 de maio: "O ladrón de cores"
- Domingo 30 de maio: "Landriña descobre o retrato"
23/06/2009 Noite de San Xoan no museo Inicio ás 21,45 hs, con remate ás 23 hs. Para o mundo asociativo da cidade, difusores da actividade do museo. Será unha actividade lúdica , mixturando tradición, didáctica e misterio. 25/02/2009 CHARLAS DO MUSEO: “En torno a Urbano Lugrís” Co obxecto de divulgar a figura e obra de Urbano Lugrís entre a cidadanía o museo municipal “Quiñones de León” organiza dúas charlas sobre o pintor. Celebraranse no auditorio de CASA GALEGA DA CULTURA, Praza da Princesa nº 2, Vigo os vindeiros xoves e venres 26 e 27 de febreiro. XOVES 26 DE FEBREIRO. 20.00 h D. JOSÉ M. LÓPEZ VÁZQUEZ. Profesor de Historia da Arte. Universidad de Santiago de Compostela. NO CENTENARIO DE URBANO LUGRÍS: INTERPRETACIÓN EN CLAVE SIMBOLISTA DA HABITACIÓN DO VELLO MARIÑO Análise da obra de Lugrís "A habitación do vello mariño" dende un punto de vista simbolista. Tomarase como punto de partida o escudo do traballo do pintor coruñés e como base fundamental o libro "A Lámpara Maravillosa" de Ramón María del Valle-Inclán. D. JUAN M. MONTERROSO MONTERO. Decano da Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela A AUTORIDADE DA PINTURA. VER, ENTENDER E DECIDIR EN TORNO A UNHA OBRA DE URBANO LUGRÍS: "A HABITACIÓN DO VELLO MARIÑO" Aproximación á lectura da obra de arte tomando como fío condutor as relacións internas que se establecen entre todos os elementos que a constitúen, tanto internos -os diferentes obxectos, espazo, luz, etc. - como externos. VENRES 27 DE FEBREIRO. 20.00 h D. ANTÓN PATIÑO PÉREZ Artista e escritor, dedicou diversos libros a Urbano Lugrís. O último titulado: "Urbano Lugrís. Viaxe ao corazón do océano" publicado recentemente por Editorial Nigra Trea (2008). Anteriormente publicou libros sobre Lugrís en Editorial "A Nosa Terra" e en Ediciós do Castro. Participou no comisariado de "Urbano Lugrís: viaxe arredor do meu mundo", a maior retrospectiva do pintor, que tivo lugar no Círculo de Belas Artes de Madrid e no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, no ano 1997. URBANO LUGRÍS/ ULYSES FINGAL: VIAXE AO CORAZÓN DO OCÉANO. Poucas vidas reclaman como a de Urbano Lugrís un achegamento á súa obra e lenda. A vida e creación de Lugrís parece produto dunha fabulación. Ao universo submarino dos seus cadros, á recreación pormenorizada do mundo do mar nos seus debuxos e pinturas engádese a importante achega literaria, rubricada en gran parte baixo o pseudónimo de Ulyses Fingal: o seu alter ego como escritor (onde fusiona a herdanza mediterránea cos mitos nórdicos). A voz do mar exprésase a través de táboas pintadas con primor de miniatura, murais en tabernas e igrexas, debuxos que parecen xurdir dunha fantasía da liña ou himnos líricos repletos de metáforas. 09/02/2009 PECHE TEMPORAL DE SALAS Por mor da realización de traballos técnicos de mantemento diversas salas do museo municipal permanecerán pechadas entre os días 10 e 28 de febreiro. Para máis información dirixirse ao departamento de coordinación do museo municipal. Desculpen as molestias. 18/07/2008 A EXPOSICIÓN DE ÁLVAREZ BLÁZQUEZ NO MUSEO MUNICIPAL AMPLIASE A TODO O VERANO Máis de 2.000 persoas visitaron xa a exposición que o museo municipal dedica a Xosé María Álvarez Blázquez co gallo da súa elección no Día das Letras Galegas en 2008. A exposición explica a faceta de D. Xosé María como arqueólogo de Vigo, na súa condición de comisario local de escavacións e xefe do departamento de prehistoria do museo. A través de variados documentos, que inclúen notas, diarios, debuxos, cartas, etc..., moitos dos cales ven a luz por vez primeira na exposición; e unha representación dos materiais arqueolóxicos que el atopou; podemos coñecer cómo traballaban os pioneiros da arqueoloxía galega; e, sobre todo, a total entrega de Álvarez Blázquez na defensa do patrimonio cultural da cidade de Vigo e de Galicia. Ata o 7 de setembro no museo municipal de Vigo "Quiñones de León". 18/07/2008 OBRADOIROS ARQUEOLÓXICOS DE VERÁN O MUSEO MUNICIPAL DE VIGO "QUIÑONES DE LEÓN" A Concellería de Patrimonio Histórico oferta durante todo o verán no museo municipal obradoiros de arqueoloxía gratuítos. Nestes talleres poderase coñocer de primeira man cómo se investiga un depósito e reconstruír o pasado experimentando incluso algúns dos traballos e tarefas cotiás dos nosos devanceiros. Mediante o obradoiro, os/as participantes convertiranse nun verdadeiro equipo de arqueólogos/as que escavaran cientificamente depósitos nos que se atopan réplicas de obxectos reais expostos no museo. O obxectivo xeral do obradoiro é coñecer o esforzo dos científicos para comprender, o máis verazmente posible, o pasado do ser humano. Cos obxectos atopados reviviranse, en primeira persoa, algúns actividades cotiáns das cronoloxías escavadas: cazar con arco ou azagaia; pescar con arpón; acuñar moedas romanas; apostar nunha carreira de cadrigas; fundir metal; facer xoias castrexas, etc.., todo co rigor necesario e ao tempo divertíndose. Os obradoiros están orientados ao público en xeral, a partir de oito anos de idade, se ben nenos e nenas deben de estar acompañados dalgún familiar. Recoméndase asistir con roupa axeitada de traballo. Os obradoiros, cunha duración de 2 horas, comezan sempre e ás 11 horas: Martes e xoves. Cultura castrexa e romanización. Aula didáctica do museo municipal de Vigo "Quiñones de León" (Parque de Castrelos). Mércores e venres. Prehistoria. CEDAM (Saiáns). Para participar nestes obradoiros, que son completamente gratuítos, só é preciso facer reserva previa no teléfono 986 460 812, entre luns a venres, de 9:00 a 14:00 h.
09/06/2008 PRESENTACIÓN DE LIBROS DE HOMENAXE A D. XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ DO INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS NO MUSEO MUNICIPAL DE VIGO "QUIÑONES DE LEÓN" O Instituto de Estudos Miñoranos presentará mañá martes, ás 20.00 hs, no museo municipal "Quiñones de León" as súas publicacións de homenaxe a D. Xosé María Álvarez Blázquez. En representación institucional actuarán, polo concello de Vigo, a concelleira delegada de Patrimonio Histórico, como presidenta da Xunta Reitora do museo municipal, Dª Elena Maure; e D. Felipe Arias Vilas, Director Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. A presentación dos libros correrá a cargo do director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome Quinteiro; e Eduardo Méndez Quintas, coordinador dos dous volumes. A edición destas dúas publicacións é o resultado dun convenio entre a Dirección Xeral de Patrimonio e o Instituto de Estudos Miñoranos. No primeiro volume "Escritos sobre arqueoloxía de Xosé María Álvarez Blázquez"recóllense catro textos de D. Xosé María Álvarez Blázquez, publicados e algúns inéditos ata a data; así como diversos artigos publicados na prensa diaria e varios prólogos a libros de utros autores relacionados coa arqueoloxía. No segundo "Estudos sobre Paleolítico"preséntase un conxunto de artigos que sintetizan o coñecemento actual sobre o Paleolítico peninsular, con achegas especiais como a do senlleiro xacemento de Olduvai. 04/05/2008 NOITES NEGRAS DE CASTRELOS. Espectáculo teatral interactivo Como actividade de divulgación do museo municipal, entre o público xeral, leváronse a cabo nos últimos anos varios espectáculos de carácter teatral nestas instalacións sempre con grande éxito. Entre eles destacou o chamado “Noites ao carón do lume” ao cargo do actor galego Javier Veiga en 2005. Nesa liña de achegamento do museo a un público distinto, fundamentalmente novo e vigués; na liña dos museos de todo o mundo de programar ocasionalmente nas súas sedes actividades nocturnas; resulta de interese programar no municipal un novo espectáculo teatral, de carácter lúdico, no que os/as visitantes, en grupos reducidos, tomen parte activa coñecendo o noso museo, as súas valiosas coleccións, co obxectivo final de motivar á súa posterior visita no horario habitual diúrno; de xeito que ademais se convertan no noso mellor vehículo de divulgación. Este espectáculo, que leva por nome “As noites negras de Castrelos”, fronte ás noites brancas habituais doutros museos; consiste nunha visita guiada ao pazo e os seus xardíns durante a noite, de arredor dunha hora e media de duración, un venres de cada mes, entre xuño e outubro do ano en curso. DATAS: O espectáculo consistirá en CINCO representacións de 90 minutos de duración, con hora de comezo ás 23.45 e hora de remate ás 1.15. As actuacións comezarán con estricta puntualidade non permitíndose o acceso o público unha vez comezado o espectáculo. Con este obxecto resulta recomendable presentarse ás 23.30 horas. Venda de entradas no museo a partires do día 10 de xuño. Prezo: 3 euros. Teléfono de información: 986 295070. Grupos de ata un máximo de 25 persoas. O espectáculo está dirixido a maiores de 18 de anos ou de 14 acompañados dun adulto SINOPSE O mordomo do antigo Pazo de Castrelos e o seu señor, pretenden levar a cabo unha visita guiada aos invitados que acoden pola noite ao museo. Pronto serán interrompidos por un "perturbado" que pretende conseguir os seus escuros obxectivos… Mentres, fan acto de presenza unha serie de misteriosos personaxes que, paralelamente ao desenvolvemento da visita, cóntannos unhas incribles e fantásticas historias nas que os propios visitantes serán os protagonistas… Anexo Informacion 21/05/2008 Bolsas de formación e colaboración do Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" Lista provisional de bolseiros/as admitidos/as (pdf) 18/05/2008 Día Internacional dos museos Con motivo do Día Internacional dos Museos, o museo municipal de Vigo “Quiñones de León” realiza visitas guiadas ao museo organizadas según se detalla a continuación: Visitas guiadas: Horarios: 10.00 h, 11.00 h, 12.00 h, 13.00 h Grupos de ata un máximo de 40 persoas. A partires das 14.00 h ata ás 21.45 h, entrada libre ao museo. Aforo máximo: 40 persoas Habrá persoas vestidas de época para ambientar as visitas 17/05/2008 Día das Letras Galegas Con motivo do Día das Letras Galegas, adicada este ano a Xosé María Álvarez Blázquez, o museo municipal de Vigo “Quiñones de León” organiza xunto con Tenencia de Alcaldía e o SNL do Concello de Vigo, visitas guiadas á exposición “Xosé María Álvarez Blázquez. Arqueólogo de Vigo”, ubicada na sala de exposicións temporais do museo. As persoas interesadas poderán apuntarse o día 17 de maio na festa que se organiza no parque de Castrelos en donde se habilitará un posto de información a partires das 16.00 h. Horarios visitas: 16.30 h., 17.30 h, 18.30 h, 19.30 h Grupos de ata un máximo de 30 persoas. 16/05/2008; 12:30 horas Inauguración da Exposición: "Xosé María Álvarez Blázquez. Arqueólogo de Vigo". Do 16 de maio ao 20 de xuño de 2008. Na Sala de exposicións temporais do Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" Dossier da exposición (PDF) 08/05/2008 Bolsas do Museo Dende o vindeiro mércores 21 de maio estarán dispoñibles na páxina web do museo, e no taboeiro de anuncios do Concello de Vigo, as listas provisionais dos/as bolseiros/as admitidos/as á vixente convocatoria de bolsas do museo. 02/04/2008 Convocatoria de bolsas de formacion e colaboración do Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León"- 2008 Data de publicación: 02/04/2008 Data de fin de plazo: 15/04/2008 1. O obxecto é a convocatoria, en rexime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, de catro (4) bolsas de formación e colaboración para o museo municipal: dúas (2) no departamento de arqueoloxía; unha (1) no departamento de arte; unha (1) no departamento de acción didáctica.
2. Os/As bolseiros/as destinados nos departamentos de arqueoloxía e arte colaborarán nos proxectos de investigación do museo vencellados ao inventario, catalogación e restauración de fondos das súas colección de arqueoloxía e arte respeitivamente.
3. O/A bolseiro/a destinado no departamento de acción didáctica colaborará nos proxectos de dinamización e promoción das coleccións do museo municipal; particularmente entre a comunidade educativa. Documentación:02.02.2008 REVISTA CASTRELOS, primeiro número da segunda etapa Tal e como viña sendo habitual na primeira etapa a REVISTA organiza os seus contidos nas áreas de traballo do museo municipal: arqueoloxía, arte, historia da cidade; engadindo un apartado especial para museoloxía. ARQUEOLOXÍA A prehistoria da comarca viguesa e a época romana da área municipal centran o apartado de arqueoloxía da revista cos seguintes artigos. O Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo avanza os resultados da súa escavación da Villa romana de Mirambell, en Toralla (autores: Fermín Pérez, Santiago Vieito e Adolfo Fernández). Ademais presenta un estudio de determinadas cerámicas finas de época tardorromana achadas na rúa Rosalía de Castro (autores: Adolfo Fernández e Purificación Soto) en 1992. Os arqueólogos Soledad Prieto, Juan C. Carrera e Paula Paredes ocúpanse dun Solidus atopado en excelente estado de conservación. Esta moeda, do século V. d. C., emperador Constantino III, foi achada nunha intervención feita nas rúas Juan Ramón Jimenez e Marqués de Valterra en 2004. A arqueóloga e doutora en Historia Rosa Villar expón as principais conclusións do seu traballo acerca da colección de materiais líticos prehistóricos doados por D. Pedro Díaz ao museo municipal en 2001. A construcción irregular dunha pista nos montes de Coruxo motivou a aparición de diversos materiais líticos de época paleolítica oportunamente recuperados polo clube espeleolóxico Maúxo. José Bernardino Costas, Xavier Groba e Eduardo Méndez dan conta destes achádegos depositados no museo municipal “Quiñones de León”. ARTE A sección ARTE presenta tres artigos. O académico Francisco Pablos realiza un interesante estudio acerca do cadro “Bebedores” do pintor barroco galego Antonio de Puga pertencente á pinacoteca municipal viguesa. Un artigo do investigador José María Peláez descúbrenos a discípula de Sotomayor, a pintora Marisa Roesset a través do seu cadro “Nena aldeá de Galicia”. As artes decorativas están presentes neste capítulo a través do artigo de Vicente Caramés, do Museo do Mar de Vigo; e Fátima Cobo, do Museo de Pontevedra; dedicado á porcelana chinesa atopada no Parque da Palma de Baiona. HISTORIA O capítulo reservado á Historia da cidade reúne unha interesante colección de artigos referidos a aspectos diversos da historia de Vigo na súa idade moderna e contemporánea. Dous personaxes vigueses de gran transcendencia local e nacional encabezan esta sección: Eijo Garay, a través do álbum homenaxe que se lle fixo ao bispo en 1930 e que se conserva no arquivo municipal (autor: Bernardo Vázquez Gil, cronista oficial da cidade); e Vázquez Varela, na pouca coñecida faceta do alcalde da Reconquista como letrado da corte de Fernando VII (autor: Juan Miguel González, membro do Instituto de Estudios Vigueses). Dúas coleccións históricas vencelladas ao Concello de Vigo tomarán maior relevancia agora grazas aos artigos de Rafael R. Fernández-Broullón, autor do primeiro estudio exhaustivo da colección heráldica de Castrelos e do que fai na revista un interesante resumo; e Rafael Sisto Edreira que revela o gran valor que posúe a colección instrumental do Laboratorio Municipal parte da cal exponse de xeito permanente nos baixos da Casa do Concello na praza do Rei. Finalmente o investigador da Universidade de Santiago de Compostela, Anxo S. Porto realiza unha interesantísima aproximación a Institución Libre de Enseñanza en Vigo a través da aparición na cidade da Escola de Artes e Oficios. MUSEOLOXÍA No capítulo final dedicado a museoloxía Dámaso Peinado, de CROA Consultores, expón un análise pormenorizado dos traballos de restauración levados a cabo nas dúas bandeiras da Reconquista viguesa, depositadas no museo municipal. 04.02.2008 Avance da programación 2008 A concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, presentó este venres a programación do museo de Castrelos para 2008, centrada no inventario e a catalogación de fondos, a convocatoria de bolsas de formación e a organización de exposicións temporais. Ademais, a concelleira nacionalista, que no acto estivo acompañada polo director do museo, José Ballesta, salientou o obxectivo de poñer en valor as obras da colección permanente, así como adicar atención á obra de Lugrís, do que este ano se cumpre o centenario do seu nacemento. "A campaña de divulgación das coleccións municipais de arte, arqueoloxía e historia baixo o lema Coleccións Municipais. Un tesouro por descubrir, é outro dos aspectos que se levarán a cabo neste ano", salientou Elena Maure, quen indicou que se editarán e instalarán carteis e mupis nos meses de xaneiro, xuño e outubro, así como calendarios do 2008, láminas e postais das coleccións para achegar a toda a cidadanía as obras existentes no museo. Neste sentido renovarase a páxina web do museo, coa posta ao día de imaxe e contidos e a inclusión de novos catálogos on-line, como "Castelao: cousas da vida", ou "Colección municipal de reloxos", a posibilidade de descargar as revistas Castrelos do número 1 ao 12 e a inclusión da lingua inglesa. No tocante ás coleccións dos departamentos de arte e historia, as prioridades centraranse no inventario e catalogación de fondos, a revisión dos valores da colección de arte e a restauración das obras de cabalete de Urbano Lugrís existentes no museo municipal, "Habitación de vello mariño" e "Fiestra". No departamento de arqueoloxía, ademais de levarse a cabo o inventariado e catalogación de fondos, convocaranse tres bolsas de formación e colaboración para o período do 1 de abril ao 30 de novembro, dirixidas a diplomados ou licenciados universitarios especializados en historia da arte, arqueoloxía ou maxisterio. Dúas bolsas serán para o departamento de arqueoloxía, e terán o cometido de consolidar os proxectos xa existentes no museo, mentres que a restante será para o departamento de acción didáctica, adicada á posta en marcha de novos programas educativos. A previsión da cuantía de cada bolsa é de 800 euros mensuais. A organización de exposicións temporais é outro dos aspectos nos que se quere facer fincapé, segundo subliñou a concelleira de Patrimonio Histórico, de xeito que do 27 de febreiro ao 27 de abril o museo acollerá a mostra "Artifex. Enxeñería romana en España", na que se pretende dar a coñecer o legado técnico da enxeñería romana a través das súas innovacións e logros en diversos ámbitos. A mostra efectúa un percorrido polos diferentes avances técnicos dos romanos na súa enxeñería civil, de manifesto nas calzadas, acueductos, pontes e explotacións mineiras, entre outras infraestruturas do seu tempo. Do 16 de maio ao 6 de xullo, e co gallo da dedicación do Día das Letras Galegas 2008 ao escritor Xosé María Álvarez Blázquez, o museo municipal pon en marcha a exposición "Álvarez Blázquez, arqueólogo. A cidade e os días da arqueoloxía viguesa", centrada precisamente na súa faceta como arqueólogo particularmente pola súa relación co museo municipal, no que ocupou o cargo de xefe do departamento de "Historia de Vigo e a súa comarca" e impulsou a creación da sala de arqueoloxía do museo, ademais de ser responsable dun gran número de depósitos. A exposición estará integrada por abundante material documental, así como obras do seu legado e pezas atopadas por el. Do 24 de xullo ao 21 de setembro o museo acollerá a mostra "Arte e solidariedade. Os pintores españois e o cartelismo político". Organizada pola fundación 10 de marzo, é o resultado da selección dos máis de 15.000 carteis que pertencen á rede de arquivos históricos de CC.OO, entre cuxos autores están Picasso, Miró, Alberti, Joan Brossa, Ibarrola, Tàpies, e, entre os galegos, o recentemente falecido Xaime Quessada. Finalmente, do 9 outubro ao 11 xaneiro de 2009, terá lugar a mostra monográfica "A habitación baleira. En torno ao mais misterioso cadro de Urbano Lugrís", organizada co gallo do centenario do nacemento do pintor (1908-1973). A exposición plantexarase como unha reflexión sobre o máis célebre cadro do artista na súa colección e se pretende levar a cabo un exhaustivo estudio acerca da obra achegándose ao contexto da súa creación, á iconografía dos seus motivos, que permitan un mellor coñecemento do artista e da súa obra. 01.04.2008 DENDE MAÑÁN 2 DE ABRIL A EXPOSICIÓN ARTIFEX PODE VISITARSE TAMÉN EN HORARIO DE MAÑÁ 1.800 visitantes nun só mes avalan o éxito da exposición “Artífex. Enxeñería romana en España” no museo de Castrelos. Pola reiterada demanda o museo abrirá para visita libre a exposición tamén en horario de mañá, 10.00 a 13.30 horas, a partir de mañan mércores 2 de abril. A visita guiada para grupos e o obradoiro de actividades atópase totalmente coberto ata final de exposición. 02.02.2008 DÚAS DAS PEZAS DE MAIOR VALOR HISTÓRICO DA CIDADE DE VIGO VIAXAN A MADRID Á EXPOSICIÓN “A NACIÓN EN ARMAS” QUE INAUGURA O VINDEIRO 12 DE FEBREIRO NO ANTIGO CENTRO CULTURAL DA VILLA O vindeiro 12 de febreiro inaugura en Madrid a exposición, organizada pola Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales, “España, 1808-1814: La Nación en armas”. Esta magna mostra conta con pezas relacionadas coa guerra da independencia española procedentes de toda España. Vigo participa con dúas das pezas máis importantes da colección histórica de Castrelos, vencelladas ao episodio da Reconquista: Sable do Mariscal Soult, nº inv. 7612 A propiedade do sable do Mariscal Soult está atribuída a este lugartenente de Napoleón que tendo previsto acudir a Vigo enviou, como era costume, a súa impedimenta persoal previamente á súa chegada. Cando se produciu a accidentada retirada dos exércitos franceses, sen ter chegado Soult á cidade, as súas equipaxes quedaron en poder dos vigueses, entre elas, a prezada posesión do mariscal. Trátase por tanto dunha peza excepcional tanto pola súa singularidade en Europa como para a nosa cidade polo que ten que ver co episodio histórico da Reconquista. Bando de Cachamuiña, nº inv. 8265 O bando de Cachamuiña foi redactado polo capitán e gobernador militar de Vigo dese alcume, Bernardo González del Valle, no día seguinte da Reconquista (29 de marzo de 1809), chamando ao orde e a tranquilidade da vila trala toma da cidade. Ten polo tanto un alto valor histórico pola súa data e polo seu autor cuxa aura mítica como “reconquistador” da cidade ten transcendido á cidadanía que o ten convertido nun persoeiro popular. ACTIVIDADES DE NADAL ENTRE OS DÍAS 27 DE DECEMBRO E 4 DE XANEIRO Co gallo das festas de nadal o museo municipal “Quiñones de León” organiza unha programación especial entre os días 27 de decembro e 4 de xaneiro de 2008. Programa de man das actividades de Nadal (PDF) 28 de decembro: "CON LE STELLE. Concerto de música de nadal" O venres 28 de decembro, ás 20.30 hs, o grupo de música antiga Resonet dará o concerto “Con le Stelle” no que se interpretarán varias pezas de música culta e popular propias do nadal en Europa. A actividade é libre e gratuíta ata completar o aforamento (100 persoas). O grupo compostelán Resonet foi fundado en 1990 coa finalidade de interpretar música antiga europea, en especial a relacionada con Galicia. Desenvolve a súa actividade por toda Europa e estará formado, para esta ocasión, por Mercedes Hernández e José Enrique Pedrosa, canto; Carlos Castro, percusións; e Fernando Reyes, cítola, viola de man, guitarra barroca e tiorba. O repertorio que interpretarán comprende obras de Afonso X o Sabio; os Cancioneiros da Colombina e Upsala (ss. XV e XVI); así como pezas populares españolas e galegas típicas do nadal. Do 26 de decembro ao 04 de xaneiro: "OBRADOIRO DE ACTIVIDADES PARA NENOS E NENAS" Entre o mércores 26 de decembro e o venres 4 de xaneiro desenvolverase na biblioteca do museo un obradoiro de actividades dirixido a nenos e nenas de entre catro e doce anos. A duración do obradoiro é de dúas horas, polas mañás de 11 a 1; e polas tardes de 17.30 a 19.30. A entrada é gratuíta e sen reserva ata completar o aforamento que se completará por orde de chegada ao museo (25 nenos por obradoiro). Días programados: Decembro: mércores 26, xoves 27, venres 28 e domingo 30 de 11.00h a 13.00h. Sábado 29 de 17.30h a 19.30h. Xaneiro: Mércores 2, xoves 3, venres 4 de 11.00h a 13.00h.
25.12.2007 SOLICITA O TEU CALENDARIO LUGRÍS 2008 ANTES DE QUE SE ESGOTE. É GRATIS. Podes reservar o calendario editado polo museo municipal para 2008 dedicado, no centenario do seu nacemento, ao pintor galego Urbano Lugrís (1908-1973) e ao seu mural “Misterios do Mar”, exposto en Castrelos de xeito permanente. O mural “Misterios do Mar” é un dos tres que o artista pintou para o antigo Hotel Moderno, da Porta do Sol, en 1953, por encargo do empresario cinematográfico vigués Cesáreo González cando mercou e remodelou o edificio. Lugrís pintou outros dous murais máis para o mesmo espazo que o concello posúe en Castrelos: “Mapa de Galicia” e “San Telmo”. Colmeiro fixo catro murais no edificio dedicados ás estacións, tres dos cales ten o concello na praza do Rei; e o cuarto Caixanova na súa colección de arte galega. No mural poden verse o amplo repertorio de motivos que adoitaba empregar o pintor do mar: buguinas, peixes, barcos, baleas e monstros mariños, ... entre os que destaca a misteriosa dama con anteollos correspondente ao mes de xaneiro. Este calendario está dispoñible gratuitamente solicitándoo vía correo electrónico a museocastrelos@vigo.org e recolléndoo no propio museo ata que se esgote 27.11.2007 PROGRAMA DE ACCIÓN DIDÁCTICA: "MUSEO ABERTO" O museo municipal "Quiñones de León" ofrece ata mediados do mes de decembro un programa didáctico denominado MUSEO ABERTO, mediante o cal os grupos de visitantes teñen a posibilidade de ter visitas guiadas polo pazo de Castrelos, e os xardíns -se o tempo o permite-. O programa ten lugar polas mañás de MARTES e XOVES, comezando ás 10.00 horas; e ás 12.00 horas. Pódese consultar a dispoñibilidade de días alternativos. Pode solicitarse nos teléfonos do museo: 986 29 50 70 / 986 29 50 75 A duración estimada da visita é de 60 minutos. Vai dirixido fundamentalmente a comunidade escolar; anque admítense tamén outra clase de visitantes. Ofrécense tres itinerarios posibles: - Pazo e pinacoteca antiga (séculos XVI – XIX)
- Pinacoteca galega contemporánea (século XX)
Calquera dos dous anteriores + Xardíns históricos (dependendo do tempo) 14.11.2007 MUSEO MUNICIPAL “QUIÑONES DE LEÓN”. PECHE POR ACTO OFICIAL Por mor de acto oficial, comunícase que o vindeiro VENRES, día 16 de novembro, a partires das 12.00 horas, o museo estará pechado, retomando o horario normal á súa finalización. Pregamos disculpen as molestias. 28.06.2007 Recital de poemas de Wislawa Szymborska: "A propósito do Instante" Con motivo da exposición "Admirar o tempo", o Museo municipal de Vigo “Quiñones de León” organiza unha xornada poética adicada á premio nobel polaca Wislawa Szymborska que consistirá nunha lectura escollida dos seus poemas a cargo de tres estudiantes universitarios polacos en formación na Universidade de Vigo. En polaco e en galego. 28 de xuño de 2007. 20.30 h. Entrada libre e gratuíta ata completar aforo. Programa do recital (PDF) 18.05.2007 Actividades do Día Internacional dos Museos Un ano máis o museo municipal de Vigo "Quiñones de León" súmase á celebración internacional do Día dos Museos con diversos actos que se desenvolverán, mañan e tarde, o vindeiro venres 18 de maio. Este ano o lema elexido polo ICOM é "Museos, patrimonio universal", é dicir quere reivindicarse a importancia do museo como responsable da protección de bens que son universais, de toda a humanidade, no presente e para o futuro. Independentemente da maior ou menor entidade do museo, do número de visitantes que teña, da valía dos bens que custodie, cada museo, en cada escala, ten a obriga, e polo tanto as administracións que os xestionamos de conservar, protexer, difundir, investigar,... os bens que lles foron legados. Neste sentido reivindicase a colección como fundamento do museo nun tempo no que esta institución tende a convertirse nun parque temático onde prima o espectáculo. Por eso os actos que hoxe facemos, teñen por interese convidar á comunidade a achegarse o museo local e coñecer ás magníficas coleccións de Castrelos a través de amenas visitas guiadas. Anque haberá actos pola mañan, dirixidos a grupos específicos, os actos públicos desenvolveranse propiamente pola tarde En primeiro lugar haberá visitas guiadas, en grupo, e gratuítas, para todo aquel que queira achegarse ao museo ás cinco, seis ou sete da tarde, dirixidas por monitores que conducirán os visitantes por aspectos pouco coñecidos do pazo e dos seus xardíns. Xa entrando a noite, ás nove e media, desenvolverase o acto principal do Día: un concerto de música medieval, a cargo do grupo femenino Sete Saias, que interpretaran o patrimonio artístico que de xeito máis rotundo Vigo, e a súa ría, ten legado á humanidade: as belas cantigas de amigo de Martín Codax. Este acto, dunha hora aproximada de duración, terá lugar ante a faciana iluminada do pazo. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo. Máis información 02.04.2007 Unha obra do legado Policarpo Sanz elixida imaxe da mostra da fundación Carlos de Amberes en Madrid A Morte de Lucrecia, do pintor francés De Troy, pertencente á Colección de Castrelos-Legado Policarpo Sanz, foi elixida imaxe da exposición A xustiza na arte que se está a desenvolver na Fundación Carlos de Amberes, Madrid, ata o vindeiro 22 de abril. A obra foi cedida para esta exposición á Comunidade de Madrid, xunto a outras estrelas da colección municipal como Níobe, de Jean Honore Fragonard; ou A morte de Catón, de Guillaume Lethiere, obras que poden ser vistas habitualmente no museo xunto a outras espléndidas pezas de pintura francesa. A difusión do Legado Policarpo Sanz por internet, a través da páxina web do museo, está a producir a crecente atención de investigadores e comisarios cara a estas obras practicamente descoñecidas a nivel nacional ata a súa plena recuperación no ano 2000. A Morte de Lucrecia foi moi apreciada polos organizadores da citada exposición e resulta visible dende finais do mes de marzo en todo Madrid en toda clase de soportes publicitarios e gráficos: mupis; autobuses; prensa, revistas especializadas. TROY, Jean François de INV. 427 A morte de Lucrecia Óleo/tea 75 x 93 cm. Procedencia e entrada no museo: Madrid, 1935 | |
22.12.2006 Horario das Festas do Nadal 2006-2007 A exposición e o Museo permanecerán: Pechados os días 25 de decembro e 1 de xaneiro Abertos os días 24 e 31 de decembro; 5, 6 e 7 de xaneiro, nos horarios correspondentes.
19.10.2006 Reapertura da sala de Arqueoloxía Reanúdase a actividade da Sala de Arqueoloxía do Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" despois de traballos internos, obras de mellora e reordenación da súa exposición permanente. Máis información: 16.05.2006 Visitas guiadas no Museo "Quiñones de León" con motivo do Día dos Museos. Cada ano, dende 1997, celébrase o Día Internacional dos Museos ao redor da data do 18 de maio. Esta xornada é unha ocasión para o reencontro co público e trata de sensibilizar sobre os desafíos que deben afrontar os Museos que, según a definición do ICOM, son unha institución ao servizo da sociedade e do desenvolvemento. Os museos son un medio importante de intercambio cultural, enriquecimento de culturas e de comprensión mutua. Con motivo do Día Internacional dos museos, o Museo Municipal "Quiñones de León" oferta un servizo de visitas guiadas os días 17 e 18 de maio, mércores e xoves. O horario de apertura nestas xornadas será: Visitas guiadas de grupos Os días 17 e 18 organizaranse grupos na entrada do museo para realizar visitas guiadas, sen necesidade de reserva ata un máximo de 30 persoas. Os percorridos guiados iniciaranse ás seguintes horas: Mércores 17: cada media hora entre as 10’00 e as 13’00 e entre as 17’00 e as 19’00 h. Xoves 18: ás 11’30, 12’15, 13’00, 17’00; 17’45; 18’30 e 19’15.
Os grupos con guía propia deberá comunicar a súa visita ao museo, con antelación. Ademais, o xoves día 18 espéranse visitas de grupos de turistas franceses e dun grupo de estudantes de Palermo que realizan actividades de intercambio cun instituto vigués. 27.03.2006 O Museo “Quiñones de León” agasalla aos seus visitantes con libros de historia local. O Concello de Vigo ven de editar o libro “Aconteceu en marzo” de que é autora Modesta Regueira Núñez, con ilustracións de Jorge Magutis, e que novela os feitos históricos acontecidos en marzo de 1809 con motivo da Reconquista de Vigo. O Museo Municipal “Quiñones de León”, para conmemorar esta festa agasalla aos seus visitantes con exemplares do libro “Aconteceu en marzo” e con outras dúas publicacións de historia local, mentres se dispoña de exemplares (“Del siglo de la Reconquista” e “La batalla de Rande”). | | | La Batalla de Rande | Del siglo de la Reconquista | Aconteceu en marzo |
Petición das publicacións e reserva Para procurar estas publicacións compre solicitalas previamente, por teléfono, correo electrónico ou fax. Tfno: 986- 295 070 / 75. Fax: 986-239 372 Email: museocastrelos@vigo.org
Teléfonos: Dende Vigo: 010 / Dende fóra de Vigo ou móbil: 986 810260. Fax: 986 810263 E-mail: 010@vigo.org ou oficina.010@vigo.org Horario: luns a venres de 8:00 a 20:00 horas; sábado de 10:00 a 14:00 h
As publicación solicitadas resérvanse durante o mes de abril, a partir do 1 de maio quedarán a disposición do Museo se non foran retiradas. 21.11.05 A sala de arqueoloxía do Museo de Castrelos permanecerá pechada por obras de acondicionamento As actuacións permitirán recuperar a capela e construir un acceso para minusválidos A sala que alberga a exposición permanente de arqueoloxía do Pazo-Museo Quiñones de León permanecerá pechada debido a realización de obras de mellora nas instalacións. As obras de mellora na sala de arqueoloxía, que recibe habitualmente unha gran afluenza de visitantes, fanse necesarias debido ao deficiente estado de conservación no que se atopa debido as filtracións de humidade e o deterioro dos revestimentos. Deste xeito, ademais de levarse a cabo a eliminación de barreiras arquitectónicas para facilitar o acceso a minusválidos, acondicionaranse a súa iluminación e os niveis de humidade. Por outra banda, levarase a cabo unha reordenación dos accesos que inclúe a mellora da iluminación e da sinalización existentes na actualidade e a redución da humidade. Estas obras de acondicionamento permitirán recuperar a capela, polo que deixará de ser un mero corredor e pasará a ser un espazo cun valor por sí mesmo coa rehabilitación do seu retablo. O acceso farase por unha porta secundaria que estará debidamente sinalizada (área administrativa). 31.10.05 O QUE EU VIVÍN EN BOUZAS. Un documental do museo municipal de Vigo “Quiñones de León” Estrea: xoves, 3 de novembro, ás 20.30 horas no auditorio da A.VV. de Bouzas “Dr. Casás” Con motivo da celebración, en 2004, do centenario da agregación do concello de Bouzas ao de Vigo arrancou a produción dun documental do museo municipal que agora ve a luz. O documental O que eu vivín en Bouzas é a historia da vella vila, nos últimos cen anos, a través do relato de varios veciños nacidos todos ao longo do século XX. O testemuño máis antigo é verdadeiramente excepcional. Corresponde a Ana Rodal, de 102 anos de idade, nacida, polo tanto, cando Bouzas era aínda concello independente. Os demais testemuños, tamén de grande interese, pertencen a xente de diversas idades e formas de vida, nacida en Bouzas ou arraigada no barrio posteriormente: mariñeiros, patróns, industriais, músicos, etc. Cada persoa achega un pequeno anaco da súa vida para conformar a historia xeral de Bouzas durante o pasado século. O documental, de 50 minutos de duración, producido integramente polo equipo do museo municipal, estrearase o vindeiro xoves 3 de novembro ás 20.30 horas no auditorio da Asociación de Veciños de Bouzas “Dr. Casás”, na rúa do Pazo, nº 2. A entrada é libre e gratuíta ata completar o aforo. 03.10.05 O MUSEO “QUIÑONES DE LEÓN” RECUPERA O LIBRO DE VISITAS DO PAZO DE CASTRELOS DO PERÍODO 1913-1935 O libro obtívose a través dunha poxa pública celebrada na cidade inglesa de Bristol o pasado 20 de xullo. Intensas xestións do museo permitiron participar na poxa, a través dun comisionista, de xeito que tras competir en diferentes poxas o libro, que saía a un prezo de 70-100 libras, puido ser adquirido polo museo pola cantidade de 689,50 € (470,52 libras). Este libro, xunto co volume do período posterior –tamén de interese posto que aparecen sinaturas de ilustres visitantes como Eva Perón, Vicente Aleixandre, Rafael Alberti, etc.– poderán verse proximamente de xeito permanente nas salas do pazo. É probable que o libro de visitas o levase con ela a Sra. Whyte, viúva do marqués de Mos e Valadares, cando abandona o pazo de Castrelos a cambio do pagamento das 125.000 ptas que obtivo por parte do Concello. O libro ten unha importancia extraordinaria tanto para o museo como para a cidade de Vigo, pois permite obter novos datos acerca dun momento pouco documentado da historia deste pazo. Entre as sinaturas dos convidados destacan especialmente, a páxina completa, as sinaturas do Rei Afonso XIII e a súa dona Vitoria Euxenia que, consta, visitaron Castrelos en 1927. Embaixadores, ministros, políticos, como José Calvo Sotelo, e persoas da alta sociedade viguesa e estranxeira, especialmente ingleses, asinan no libro cunha asiduidade que presenta á Sra. Whyte como unha persoa moi ben relacionada tanto cos seus compatriotas como coa cidade de Vigo. En 1931 o libro interrómpese no que respecta a Castrelos e a continuación aparecen capítulos relacionados con outros lugares, probablemente residencias da Sra. Whyte, como Villa Danica (1931-1932), Les Iris (1932-1936) e Montecarlo (1939). Nestas últimas páxinas destacan as sinaturas dos escritores británicos Somerset Maugham, novelista, e Sir Osbert Sitwell, poeta e ensaísta; así como os Srs. Keppel, representantes da máis alta aristocracia de Inglaterra e moi vencellados á corte inglesa; en concreto, ela foi “mistress” ou amante –segundo se conta– do rei Eduardo VII e bisavoa de Camila Parker Bowles. Xunto as case catrocentas sinaturas do libro aparecen fotografías e debuxos, algúns dos cales son de Biarritz, onde o Marqués de Alcedo tiña casa, e outros do pazo de Castrelos do cal aparece un interesante debuxo. 26.09.05 PRETO DE 9.000 PERSOAS VISITARON XA A EXPOSICIÓN “PARA O DEUS BEROBREO”
Dado o éxito de público a mostra prorrógase ata o 27 de novembro. Na exposición preséntase, cun formato audiovisual moi atractivo, a historia do santuario prehistórico do deus Berobreo, no alto do Monte do Facho, en Donón (Cangas do Morrazo); e do xacemento arqueolóxico que por vez primeira vez estudiárono investigadores vencellados ao museo municipal de Vigo como D. Enrique Massó, D. José Suárez e D. José María Álvarez Blázquez. En atención á demanda dos profesores, o museo programa visitas de estudiantes de secundaria á exposición todos os martes e xoves en horario de mañá. Máis información no teléfono 986 29 50 70.
|