Volver a portada castellano
                                   
| | | |  
 
Información
imprimirimprimir
Servizos ao visitante

TENDA-LIBRARÍA

Na recepción do museo poden adquirirse produtos e publicacións do museo municipal e Concello de Vigo.

ACCESIBILIDADE INTERIOR

Existen ramplas e ascensores que facilitan a visita do museo a persoas con mobilidade reducida. O uso do ascensor debe solicitarse na recepción do museo.

VISITAS GUIADAS

O museo ofrece, por tempadas, visitas guiadas ao pazo, aos xardíns e ás súas exposicións temporais. Consultar disponibilidade en cada momento na recepción do museo.

CONSIGNAS

Existen consignas gratuítas para depósito temporal de obxectos. Funcionan con moedas de 1 € retornables. Según disponibilidade, a recepción do museo pode acoller obxectos de tamaño grande. O museo non se fai responsable dos obxectos depositados.

SUXESTIÓNS E RECLAMACIÓNS

  • Teléfono 010 (desde dentro do municipio) 986810260 (desde fóra de Vigo e móbiles) .

OUTROS SERVIZOS

Servizos relacionados co museo pero non dependentes del:

  • ACTOS OFICIAIS E VODAS CIVÍS

O museo acolle a celebración de vodas civís e actos oficiais do Concello de Vigo, debido aos cales, o museo, ou determinadas salas, poden pechar temporalmente. Consulta os peches con antelación nesta páxina. Para coñecer as condicións de uso do espazo, contactar co departamento de Relacións Públicas do Concello de Vigo.

  • XARDÍN HISTÓRICO

A xestión deste espazo corresponde ao servizo de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo. Condicións de acceso: non están permitidos cans, bicicletas e pelotas. Si está permitida a realización de reportaxes fotográficas para uso privado e sen ánimo de lucro. No resto dos casos debe solicitarse autorización ao mencionado servizo.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75