Prehistoria
|
imprimir
|
As primeiras ferramentas. |
Paleolítico (120 000 a. C.)
É unha etapa marcada pola obriga de mudar de lugar conforme ás estacións e á existencia dos recursos para o sustento (nomadismo). O home adáptase ao territorio sen facer nel apenas cambios.
Unha das maiores conquistas neses primeiros tempos foi construír ferramentas de pedra (para cortar, raer, machucar, traballar a madeira, despezar a caza...) que constitúen, en moitos casos, a única proba da existencia destas poboacións.
Moitos dos útiles deste período conservados no museo corresponden ás etapas máis antigas e proceden de diversas zonas do municipio vigués e comarca. Todos son resultado de achados casuais a excepción dos preto de 3000 útiles procedentes do único xacemento escavado: As Gándaras de Budiño (O Porriño). Os traballos arqueolóxicos, realizados nos anos 60 do século pasado, permitiron documentar no lugar un asentamento no que se fixeron fogares e realizáronse labores de talla.
|