A Prehistoria é o longo período de actividade humana anterior á Historia que é coñecido a través da Arqueoloxía.
Ao longo desta etapa van creándose novas necesidades e tamén as solucións acadadas para as satisfacer, os asentamentos son cada vez máis estables, comézase a conservar e preparar alimentos como o cereal, realízanse monumentos funerarios co desexo de que perduren no tempo, nace a arte rupestre e emprégase o metal como elemento de prestixio e probablemente tamén de poder.
|