Prehistoria
|
imprimir
|
Cista Atios / Depósitos machados |
Idade do bronce (1800 a. C.)
Os enterramentos en cista (con enxovais compostos de obxectos de metal, armas e adornos) interprétanse como o reflexo dunha etapa na que se afianza o uso do metal, a xerarquización da sociedade e o desenvolvemento económico.
A demanda de metais (estaño) no Mediterráneo podería ser a causa de que xurdan establecementos en toda a costa atlántica europea vinculados ao comercio do metal e, a través deles, se incorporen no noroeste peninsular novas ideas e tecnoloxías procedentes do Mediterráneo. Esta conexión atlántica remata coa introducción do ferro e co control comercial dos fenicios. Na etapa final (bronce atlántico), no ámbito das Rías Baixas, aparecen depósitos ou acubillos de machados de talón sen sinais de uso que poderían ter relación co intercambio económico que se estableceu na costa atlántica nese momento. A estes depósitos tamén se lles atribúe un posible carácter
|