Volver a portada castellano
                                   
| |  

Prehistoria
imprimirimprimir
Pezas singulares

1. VASILLA GLOBULAR

Vasilla cerámica globular pertencente ao enxoval funerario da mámoa de Chan do Xisto (San Mamede. Zamans, Vigo). Forma parte da necrópole megalítica situada no alto de San Cosme no linde co concello de Mos. Os vasos deste tipo de cerámica (de fondo cóncavo, paredes globulares e bordes rectos) son característicos do neolítico.

2. CERÁMICA SEMIESFÉRICA

Vaso cerámico case enteiro decorado con liñas dixitadas formando zig-zag que encadran triángulos cheos de liñas puntilladas. Foi atopado no interior das cavidades do Folón, probablemente produto dunha deposición ritual. Cronolóxicamente corresponde ao calcolítico.

3. ENXOVAL DA CISTA DE ATIOS

Tumba individual formada por catro laxes de pedra a modo de caixa, tapada con outra de tres toneladas descuberta en 1927 no lugar de Atios (O Porriño). O cadáver situábase orientado á posta do sol. A pedra de cuarzo que marca a posición da cabeza pode proceder dos talleres paleolíticos. O enxoval funerario componse de tres aneis (dous de ouro e un de prata), e dúas follas de cobre de espada e puñal. Foi o primeiro enterramento deste tipo atopado intacto en Galicia.
 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75