Cultura Castrexa
|
imprimir
|
Cal era o significado de...? |
Un mundo de crenzas debeu dirixir a existencia dos pobos neste momento. Coñecemos algúns dos seus deuses pola continuación do culto en época romana ou a través da mención que destes se fai nas fontes clásicas. A pesar de que descoñecemos a case totalidade das prácticas realizadas e os seus significados, o que permitiría achegarnos ao coñecemento mitolóxico e ás relacións establecidas entre os deuses e as xentes, consérvanse pezas que poderían terse usado en rituais ou ofrendas.
Algúns obxectos, como os adornos persoais, é posible que tivesen unha simboloxía á que é difícil achegarse. Un anel, un colar de doas... poden ter un significado semellante ao que hoxe poden ter unha pulseira de pedida, unha alianza, unha cruz... Outros, un contido propagandístico e político, e moitos posiblemente un simple sentido protector.
|