Volver a portada castellano
                                   
| |  

Cultura Castrexa
imprimirimprimir
Pezas singulares

1. BANDEXA DE ASAS EXTERIORES

Bandexa de asas exteriores do Castro de Vigo. Este tipo de utensilio pénsase que funcionaría como pequeno forno posto sobre a lareira, como os testos de bica da olería tradicional de Gundivós (Lugo).

2. GUERREIRO GALAICO

As esculturas de guerreiros galaicos teñen unha serie de trazos comúns, dos que se afasta esta peza. O tamaño, a rixidez das formas e os brazos pegados ao corpo suxeitando o escudo ou caetra non se rexistran nesta escultura, polo que é considerada dentro deste grupo como un unicum . Podería tratarse da evolución do guerreiro galaico ao romano, saudando coa man sobre o peito. Foi atopada de xeito casual en Sanbanle. Crecente, Ourense.

3. CIPO PÚNICO

Cipo pertencente ao castro da Illa de Toralla, Oia (Vigo) foi erixido nos séculos V - VI a. C. por comerciantes procedentes das colonias fenicias do sur da Península para que a divindade favorecese a limpeza e seguridade das transaccións comerciais.

Castro de Vigo (poboamento galaico-romano)

4. ENTALLE DE ÁGATA

Entalle de ágata para anel cunha representación dunha cuadriga levada por un auriga. O entalle corresponde á etapa de maior esplendor do poboado cando o contacto dos seus poboadores co mundo romano foi máis intenso.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75