Volver a portada castellano
                                   
| |  

Cultura Castrexa
imprimirimprimir
Onde preparaban os alimentos?

A cerámica acada neste momento un gran desenvolvemento, non só na súa elaboración senón tamén na variedade de formas e decoracións. Os cacharros máis representativos e característicos son os que debuxan un ese no perfil.

Os recipientes podían poñerse directamente sobre a lareira quente ou pendurados das asas (como as bandexas de asas interiores). Neles asábanse e cocíanse tanto peixes como carnes e realizábanse con probabilidade caldos coas verzas, purés de fabas e papas de cereais.

A decoración realízase co cacharro aínda fresco (con incisións, impresa con matrices, plástica, etc.) pero nunca pintada. Nos últimos séculos elabóranse recipientes de tamaño reducido, fontes de asas interiores ou exteriores, e os que están decorados presentan un gran repertorio de técnicas e motivos.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75