Volver a portada castellano
                                   
| |  

Romanización
imprimirimprimir
A vida na morte. Os enxovais funerarios

Cando chegaba a morte, algunhas persoas eran enterradas con diferentes obxectos que constitúen o enxoval funerario. Os que aquí se mostran pertencen a tumbas de inhumación de tipos diversos (en fosa, de muretes de pedra, feitas con tellas ou ladrillos...) da necrópole do Areal, utilizada dende o século II ao VI despois de Cristo.

Nos enterramentos é frecuente a presenza de obxectos de cerámica de pequeno formato, como xerriñas e vasos ou gobeletes. Algúns deles é posible que fosen só para os mortos, pois non adoitan atoparse fóra das necrópoles.

Máis excepcional é a presenza de colares nas tumbas, dos que mostramos algúns exemplares realizados con doas de pasta vítrea, pedras de cores, e tamén un que pode ser de ámbar.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75