Volver a portada castellano
                                   
| |  

Romanización
imprimirimprimir
Na cociña e na mesa. Novos recipientes

Coa romanización incorpóranse os servizos de mesa (pratos de cerámica, vasos de vidro...) Ás veces utilízanse xa nun espazo independente da cociña, o comedor ou triclinium. A variedade de formas, en relación aos diferentes usos, increméntase: grandes vasillas de almacenaxe (dolia) permiten a acumulación de existencias, bandexas con recubrimento interior son usadas como as actuais tixolas, etc. Da chamada cerámica común, por ser xeralmente de produción local, realízanse numerosos recipientes destinados nunha gran parte a dar servizo á cociña pero tamén á mesa, nalgúns casos dunha gran calidade.

Algunhas das formas son imitacións das cerámicas consideradas de luxo como a sigillata, coa que chega a ter unha gran competencia. A produción cerámica deste momento realízase case de forma industrial (incorpórase o torno, os moldes, etc) e só os recipientes de gran tamaño seguen a facerse de xeito manual.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75