As relacións atlánticas
| Enxoval da Cista de Atios (O Porriño). | A Idade do Bronce é unha etapa, nos seus comezos, de continuidade coa anterior, na que se afianza o uso do metal, a xerarquización da sociedade e o desenvolvemento económico. Proba diso son os enterramentos individuais, en Cista, con enxovais compostos de obxectos de metal, armas e adornos.
Pénsase que, a consecuencia da demanda de metais no Mediterráneo (estaño), xorden establecementos vinculados ao comercio ao longo de toda a costa atlántica europea e, a través deles, incorpóranse no noroeste novas ideas e tecnoloxías procedentes do Mediterráneo. Esta conexión das comunidades atlánticas remata coa introducción do ferro e do control comercial dos fenicios.
No museo Esta etapa está protagonizada por dous achados casuais, o enterramento individual en Cista de Atios (O Porriño), do que se conserva o enxoval mortuorio, e o depósito de machadas de talón de Saiáns, con claras mostras de que foran agochadas sen usar por razóns posiblemente simbólicas.
|