Volver a portada castellano
                                   
| | | |  

Arqueoloxía
imprimirimprimir
Neolítico-Megalitismo

Comeza a vida sedentaria

Puntas de frecha e follas de silex da necrópole megalítica de Cotogrande (Cabral, Vigo)
Puntas de frecha e follas de silex da necrópole megalítica de Cotogrande (Cabral, Vigo)

O Neolítico é unha etapa complexa na que o home se vai facendo lentamente un lugar no territorio modificando a paisaxe para o seu aproveitamento. Aínda o sistema agrícola empregado esgota axiña os solos obrigándoos a cambiar de lugar.
 
Os asentamentos, aínda sen documentar, non deixan sinais en contraposición aos milleiros de túmulos que se erguen para acoller aos mortos, e por ter, ás veces, unha cámara de pedras grandes este fenómeno cultural recibe o nombe de Megalitismo. Os túmulos infórmannos da distribución destas primeiras comunidades campesiñas. En Vigo atopáronse preto de 40 túmulos megalíticos.

No museo

Ademais dos útiles de pedra (puntas de frecha ou machadas pulidas) nesta etapa aparece a cerámica (restos de recipientes). Abundantes mostras destes materiais foron recuperados tanto de forma casual coma en escavacións arqueolóxicas. Destacan os enxovais de Cotogrande onde se documentan varias etapas construtivas.
 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75