Volver a portada castellano
                                   
| | | |  

Arqueoloxía
imprimirimprimir
Calcolítico

Aparecen os metais

Cerámica incisa con decoración geométrica de Cotogrande
Cerámica incisa con decoración geométrica de Cotogrande

A introducción dos metais (cobre, ouro, prata) prodúcese nun período chamado Calcolítico (pedra de cobre), no que se empezan a rexistrar cambios sociais e económicos que conducen á xerarquización social. A este período corresponden algunhas das modificacións que se realizan nos enterramentos tumulares, diminuíndo o tamaño das cámaras. Neles quedarán novos tipos de cerámica, decorada en bandas, que participa de características comúns con moitas outras zonas da fachada atlántica.

Neste momento realízanse os petroglifos, manifestación propiamente galaica característica da zona das Rías Baixas. Estes gravados de arte rupestre constitúen a manifestación máis relevante desta etapa na comarca viguesa, na que, dende a década dos anos oitenta, se catalogan no concello máis de trinta complexos con máis dun centenar de rochas con insculturas.
 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75