Volver a portada castellano
                                   
| | | |  

Arqueoloxía
imprimirimprimir
Idade do Ferro

A cultura dos castros

Durante a Idade do Ferro, as novedades incorporadas no Bronce Atlántico posibilitarán que as comunidades do noroeste se establezan de forma estable en poboados. Reciben o nome de castros, e neles configúrase unha cultura propia denominada Cultura Castrexa (600 a.C. a século I d.C).

Fusaiola do Castro de Vigo
Fusaiola do Castro de Vigo

Nun primeiro momento o poboamento castrexo evolucionará illadamente a excepción do litoral, onde se manterán contactos cos comerciantes fenicios e cartaxineses.

A mediados do século II a. C. empézase a detectar unha progresiva romanización do noroeste, que comeza polos asentamentos costeiros do litoral sur. O dominio establécese respectando ás poboacións autóctonas naqueles aspectos non molestos para o Imperio. As elites castrexas, máis xerarquizadas, serán potenciadas dende Roma como elementos de control.

Esta etapa é, contradictoriamente, a de maior esplendor da cultura castrexa: a ourivaría, a plástica en pedra (esculturas de guerreiros galaicos e arquitectónica)... teñen a súa base nas etapas anteriores pero alcanzan o seu maior desenvolvemento nesta etapa. Xunto a elas, as novidades da influencia romana (organización en barrios, defensas monumentais nos poboados), que volven ser máis acusadas e precoces na costa e no sur do noroeste.

No Museo

Existe un amplo repertorio de obxectos pertencentes a todas as fases da cultura castrexa procedentes dun grande número de asentamentos e que documentan os diferentes aspectos da vida cotiá dos seus poboadores. Algúns destes obxectos presentan singularidades que os converten nun referente tipolóxico ou documental.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75