| Bifaces de As Gándaras de Budiño (O Porriño). | A primeira ocupación humana
É unha etapa marcada pola obligación de cambiar de sitio conforme ás estacións e á existencia dos recursos necesarios para sustentar á poboación. É o home o que se adapta ao territorio sen facer nel apenas cambios, por iso os instrumentos realizados en pedra que van deixando atrás constitúen ás veces a única evidencia da súa existencia.
No museo
Consérvanse abundantes materiais líticos desta etapa que proceden de achados casuais realizados nas diferentes parroquias do Val do Fragoso. Destaca así mesmo a colección de útiles procedentes do xacemento paleolítico máis importante de Galicia, As Gándaras de Budiño (Porriño).
|