Volver a portada castellano
                                   
| | | |  

Arqueoloxía
imprimirimprimir
Mesolítico

Pescadores e mariscadores

Nun período de transición chamado Mesolítico (do 10000 ao 4500 a.C ) o home fai un aproveitamento intensivo do litoral. Os útiles característicos desta etapa son os picos, que segundo algúns investigadores serviron para despegar as lapas das rochas. A abundancia de poutadas fai pensar tamén no uso de redes.

No museo

A proximidade a un dos xacementos máis importantes desta etapa (Camposancos, A Guarda) explica a gran cantidade de útiles recollidos por todo o litoral que individualmente ou en conxunto, como a notable colección de D. Pedro Díaz, foron doados ao museo.
 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75