Volver a portada castellano
                                   
| | | |  

Arqueoloxía
imprimirimprimir
A romanización

Ánfora romana atopada no porto de Vigo
Ánfora romana atopada no porto de Vigo

Calcúlase que sobre o cambio de era vaise establecendo no litoral vigués unha poboación totalmente romanizada, formando un vicus. Este núcleo, aínda en proceso de estudo, quedou constatado co achado dun impresionante conxunto de estelas romanas nos anos 50; restos construtivos de diferentes establecementos esparexidos pola cidade, necrópolis, factorías para a extracción de sal, e salgadura e unha serie de establecementos residenciais e económicos (villae) vinculados á actividade comercial e pesqueira, diseminados por toda a franxa litoral.

Unha das villae mellor conservadas e coñecidas é a de Toralla, na finca Mirambel, aínda en proceso de investigación. A presenza nelas de materiais de importación de luxo indícanos a existencia dunha poboación cun elevado nivel económico.

A actividade portuaria debeu estar en consonancia con esta actividade e así se desprende dos materiais procedentes das zonas máis afastadas do Imperio, tales como ánforas, algunhas das cales foron recuperadas nos fondos mariños como resultado do seu transporte por vía marítima.

Obxetos de enxovais funerarios. Necrópole do Areal. Vigo. Finais da época romana.
Obxetos de enxovais funerarios. Necrópole do Areal. Vigo. Finais da época romana.

No museo

Consérvase abundante material desta época procedente dos diferentes asentamentos (estelas funerarias, aras votivas, elementos constructivos, numismática, cerámica...), restos submariños, e exemplares doutros xacementos galegos e peninsulares.
 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75